Arrinca o VII Torneo Internacional "Cidade de Lugo"
- Tema
- Deportes
Esta fin de semana a capital de Lugo alberga a 1ª fase do VII Torneo Internacional de fútbol sala de base “Cidade de Lugo” que está organizado pola Fundación Azkar, o Azkar Lugo FS e a Escola de fútbol sala Terra. Ao longo destes tres próximos días (venres, sábado e domingo) catro pavillóns da cidade rebosarán fútbol sala durante moitas horas e 64 equipos das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete xogaranse o poder clasificarse para a segunda fase do torneo que se xogará do 2 ao 4 de xaneiro.
Esta sétima edición reunirá unha vez máis aos mellores equipos galegos na súa primeira fase. Nesta primeira rolda reúnense equipos de Lugo, a súa provincia, e das tres restantes provincias galegas. Nas xornadas do venres e do sábado, disputaranse as xornadas de grupo, con tres partidos por equipo, un mañá venres e dous na xornada do sábado. Xa o domingo pola mañá disputaranse as semifinais, ás cales se clasificarán os equipos que finalicen como primeiros clasificados de cada grupo, mentres que pola tarde chegará a gran final, sendo o campión de cada categoría o equipo que se clasifique para a segunda fase.
Este é o calendario de partidos para a xornada de mañá venres:
Categoría benxamín - Centro Deportivo Terra
Venres 26/12 - 16:00 h: Casás - Azkar Terra (Grupo A)
Venres 26/12 - 17:00 h: Franciscanos - La Merced (Grupo A)
Venres 26/12 - 18:00 h: Troula A - EDM Rábade (Grupo B)
Venres 26/12 - 19:00 h: Mare Nostrum - Verín FS (Grupo B)
Venres 26/12 - 20:00 h: Troula B - AD Barval (Grupo C)
Venres 26/12 - 21:00 h: Os Meigallos - ED Chantada (Grupo C)
Venres 26/12 - 22:00 h: EDM Guitiriz - Maristas (Grupo D)
Venres 26/12 - 23:00 h: Azkar Prone - EDM Castro de Rei (Grupo D)
Categoría alevín - Casa do Deporte (Frigsa)
Venres 26/12 - 16:00 h: Azkar Prone - Salesianos (Grupo A)
Venres 26/12 - 17:00 h: Cidade de Lugo - APA Sagrado Corazón (Grupo A)
Venres 26/12 - 18:00 h: ED Quiroga - EDM Rábade (Grupo B)
Venres 26/12 - 19:00 h: Mare Nostrum - ED Chantada (Grupo B)
Venres 26/12 - 20:00 h: EDM Guitiriz - Maristas (Grupo C)
Venres 26/12 - 21:00 h: Azkar Terra - Verín FS (Grupo C)
Venres 26/12 - 22:00 h: EDM Castro de Rei - Franciscanos (Grupo D)
Venres 26/12 - 23:00 h: Casás - Albeiros (Grupo D)
Categoría infantil - Pavillón O Palomar
Venres 26/12 - 16:00 h: EDM Rábade - O Parrulo Ferrol (Grupo A)
Venres 26/12 - 17:00 h: Cidade de Lugo - Atlético Lucense FS (Grupo A)
Venres 26/12 - 18:00 h: EDM Guitiriz - Burela Pescados Rubén (Grupo B)
Venres 26/12 - 19:00 h: Troula - Os Meigallos (Grupo B)
Venres 26/12 - 20:00 h: EDM Castro de Rei - AD Barval (Grupo C)
Venres 26/12 - 21:00 h: Azkar Lugo B - Anxel Fole (Grupo C)
Venres 26/12 - 22:00 h: Casás - ADC Sagrado Corazón (Grupo D)
Venres 26/12 - 23:00 h: Salesianos - Franciscanos (Grupo D)
Categoría cadete - Palacio dos Deportes de Lugo
Venres 26/12 - 16:00 h: EDM Guitiriz - EDM Rábade (Grupo A)
Venres 26/12 - 17:00 h: Azkar Lugo B - Anxel Fole (Grupo A)
Venres 26/12 - 18:00 h: Burela Pescados Rubén - Troula (Grupo B)
Venres 26/12 - 19:00 h: Mare Nostrum - Triscos (Grupo B)
Venres 26/12 - 20:00 h: ADFS Bueu - ED Chantada (Grupo C)
Venres 26/12 - 21:00 h: Club FS O Corgo - SCD Milagrosa (Grupo C)
Venres 26/12 - 22:00 h: Coruxo FS - Atlético de Lugo Miguel Sport (Grupo D)
Venres 26/12 - 23:00 h: Casás - Cidade de Lugo (Grupo D)