Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (http://concellodelugo.gal)

Inicio > A área de Turismo presenta o ciclo de visitas guiadas Paseos ó Solpor

A área de Turismo presenta o ciclo de visitas guiadas Paseos ó Solpor

Maite Ferreiro: “será un ciclo de 6 visitas guiadas á cidade por lugares alternativos aos circuítos turísticos tradicionais”

As visitas serán gratuítas, máis precisarase de inscrición previa na Oficina Municipal de Turismo

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Museos e exposicións
Martes, 07 de xullo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Turismo presenta o ciclo de visitas guiadas Paseos ó Solpor

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou o novo ciclo de visitas guiadas Paseos ó Solpor, organizadas pola área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua en colaboración co guía turístico Guido Álvarez. Maite Ferreiro informou que “se trata de seis visitas guiadas por lugares alternativos aos percorridos turísticos tradicionais”.

”Desde a área de Turismo pretenden achegar unha nova visión de Lugo a través de paseos por zonas pouco masificadas que permitan a contemplación de paisaxes que non están explotados turisticamente”, explicou Maite Ferreiro, que engadiu “trátase de lugares que teñen un especial encanto pola súa historia, a beleza da contorna ou o valor artístico e cultural do territorio”.

As visitas guiadas realizaranse os días 10 e 17 de xullo, 14 e 28 de agosto e 11 e 18 de setembro ás 19 horas. O punto de partida será o busto de Rosalía de Castro, á entrada do Parque. Maite Ferreiro informou que “a actividade é gratuíta máis será preciso anotarse previamente na Oficina Municipal de Turismo para controlar a cabida de cada visita, limitada a 24 persoas”. A edil de Cultura lembrou da obligatoriedade de utilizar máscara durante a actividade e de cumplir co resto de indicacións que emitan as autoridades sanitarias.

Audio

  • A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre o ciclo de visitas guiadas Paseos ó Solpor | Descargar mp3 [1]

URL fonte: http://concellodelugo.gal/gl/novas/area-de-turismo-presenta-o-ciclo-de-visitas-guiadas-paseos-o-solpor

Ligazóns:
[1] http://concellodelugo.gal/sites/default/files/200707_maite_ferreiro_visitas_turisticas.mp3