Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (http://concellodelugo.gal)

Inicio > A área de Participación entrega pantallas de protección nos postos da Praza de Abastos e no Mercado Municipal

A área de Participación entrega pantallas de protección nos postos da Praza de Abastos e no Mercado Municipal

Cristina López agradeceu a colaboración do IES As Mercedes, que se encargou da elaboración das pantallas

Cristina López animou a realizar as compras nestes días no pequeno comercio, que continúa a dar servizo a toda a veciñanza

  • Tema
    • COVID-19,
    • Protección da comunidade,
    • Mercados
Venres, 17 de abril de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Participación entrega pantallas de protección nos postos da Praza de Abastos e no Mercado Municipal

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López visitou o Mercado Municipal e a Praza de Abastos, onde entregou pantallas de protección ás praceiras e praceiros. Segundo informou Cristina López, “seguimos colaborando cos distintos postos da praza e do mercado para tratar de reducir ao máximo as posibilidades de contaxio”.

Cristina López agradeceu a implicación do  IES As Mercedes na elaboración das máscaras. “Seguimos traballando para aumentar as medidas de seguridade nestes dous recintos públicos de Lugo”, afirmou a Edil de Participación.

“Queremos que as veciñas e veciños de Lugo se acheguen a estes dous recintos para colaborar en que o impacto da crise sanitaria sexa menor”, afirmou Cristina López, que animou ás veciñas e veciños de Lugo a facer as compras no pequeno comercio de alimentación que estes días permanece aberto e dando servizo a toda a veciñanza.

Audio

  • A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, sobre as pantallas na Praza e o Mercado| Descargar mp3 [1]

URL fonte: http://concellodelugo.gal/gl/novas/area-de-participacion-entrega-pantallas-de-proteccion-nos-postos-da-praza-de-abastos-e-no

Ligazóns:
[1] http://concellodelugo.gal/sites/default/files/200417_cristina_lopez_pantallas_praza_e_mercado.mp3