Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (http://concellodelugo.gal)

Inicio > A área de Mobilidade reforza os buses ao cemiterio de cara ao 1 de novembro

A área de Mobilidade reforza os buses ao cemiterio de cara ao 1 de novembro

Arroxo: “para evitar masificacións pedimos á veciñanza que se achegue ao cemiterio nos días anteriores á propia festividade de Defuntos”

  • Tema
    • Buses urbanos,
    • Transporte,
    • Cemiterio
Venres, 23 de outubro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Mobilidade reforza os buses ao cemiterio de cara ao 1 de novembro

O Tenente de Alcalde e responsábel da área de Mobilidade, Rubén Arroxo, anunciou o reforzo nas liñas de bus urbano que comunicarán o centro co cemiterio municipal durante os días previos ao 1 de novembro. Rubén Arroxo lembrou que “na festividade de Defuntos o cemiterio municipal sempre recibe un gran número de visitas” e pediu á veciñanza que “debido á excepcionalidade da situación este ano é preferible achegarse ao cemiterio nos días previos ao 1 de novembro”.

As liñas especiais habilitaranse a partir do 24 de outubro para favorecer que a veciñanza poida achegarse ao cemiterio, adaptando o horario dos buses de reforzo ao horario de visitas do cemiterio. Así. Os días 24 e 31 de outubro, contarase con liñas de reforzo entre as 15:00 e as 19:00, o domingo 25 o reforzo comezará ás 11:00 e o día 1, ás 10:00, ambos días rematando ás 19:00.

O percorrido partirá cada hora en punto, cunha frecuencia de media hora desde a parada de Obras Públicas, continuando pola Ronda da Muralla, rúa Santiago, e Volta da Viña, chegando ao cemiterio tras pasar pola Estrada Vella de Santiago.

A volta partirá á hora e 15 minutos e á hora e 45 minutos desde o Cemiterio, continuando pola Estrada Vella de Santiago, rúa Santiago e Rolda da Muralla, rematando na parada de Obras Públicas.

Audio

  • O edil de Mobilidade, Rubén Arroxo, sobre o reforzo dos buses do cemiterio | Descargar mp3 [1]

URL fonte: http://concellodelugo.gal/gl/novas/area-de-mobilidade-reforza-os-buses-ao-cemiterio-de-cara-ao-1-de-novembro

Ligazóns:
[1] http://concellodelugo.gal/sites/default/files/201023_ruben_arroxo_reforzo_buses_cemiterio.mp3