Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (http://concellodelugo.gal)

Inicio > A área de Medio Ambiente desprazará o luns a Augas Férreas o dispositivo integral de limpeza dos barrios

A área de Medio Ambiente desprazará o luns a Augas Férreas o dispositivo integral de limpeza dos barrios

O obxectivo da iniciativa, posta en marcha polo Goberno de Lara Méndez, é centralizar as tarefas de conservación dos espazos públicos na mesma contorna para incrementar a súa eficacia.

Os traballos continuarán en posteriores xornadas por Fingoi.

O tenente de alcaldesa, Miguel Fernández, fixo un chamamento á cidadanía apelando ao civismo e ao coidado das dotacións públicas e do mobiliario urbano.

  • Tema
    • Medio rural,
    • Medio ambiente,
    • Urbanismo
Venres, 17 de setembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A área de Medio Ambiente desprazará o luns a Augas Férreas o dispositivo integral de limpeza dos barrios

O próximo luns o dispositivo integral de limpeza habilitado pola área de Medio Ambiente se desprazará a Augas Férreas.

Así, nas vindeiras xornadas os efectivos das empresas encargadas do aseo urbano, o mantemento das zonas verdes e a revisión dos parques infantís – apoiados polas brigadas municipais – unificarán os seus esforzos nesta contorna para mellorar o seu acondicionamento, sen descoidar o labor ordinario que levan a cabo diariamente.

O tenente de alcaldesa e concelleiro de área, Miguel Fernández, explicou que “o operativo encargarase - de forma simultánea e coordinada - da roza de vías e predios municipais, da limpeza dos sumidoiros e dos colectores así como dos bancos e resto do mobiliario urbano con máquinas a presión que tamén se empregarán na eliminación de graffiti, do baldeo das rúas e perfilado do céspede; desherbaranse os camiños interiores das zonas verdes e colocarase planta con flor, alén de limpar e amañar os alcorques das árbores e de podar sebes e arbustos”, afirmou.

O edil de Medio Ambiente incidiu tamén en que o obxectivo desta iniciativa posta en marcha polo Goberno de Lara Méndez “é centralizar nun mesmo emprazamento as tarefas de conservación de todos os espazos públicos dunha mesma zona, para incrementar a súa eficacia e mellorar a imaxe destas localizacións e a calidade de vida da veciñanza que reside nelas”.

O tenente de alcaldesa referiu, así mesmo, que dende o ano 2020 o Concello de Lugo leva tramitados un total de 341 expedientes por acumulación de maleza en predios particulares, instando aos seus propietarios a corrixir esta situación. E fixo un chamamento á poboación en prol do civismo, “clave para a convivencia” – sinalou,  apelando á veciñanza a traballar da man para preservar e manter entre todas e todos os espazos públicos en boas condicións”, concluíu Miguel Fernández.

Logo de que os traballos conclúan neste punto da capital, o dispositivo continuará por Fingoi.

Audio

  • O edil de Medio Ambiente, Miguel Fernández, sobre o dispositivo de limpeza en Augas Férreas | Descargar mp3 [1]

URL fonte: http://concellodelugo.gal/gl/novas/area-de-medio-ambiente-desprazara-o-luns-augas-ferreas-o-dispositivo-integral-de-limpeza-dos

Ligazóns:
[1] http://concellodelugo.gal/sites/default/files/170921_miguel_fernandez_-_dispositivo_de_limpeza_augas_ferreas.mp3