Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (http://concellodelugo.gal)

Inicio > A área de Cultura convoca o I combate de Pintura Mural enmarcado no festival de arte Culturban

A área de Cultura convoca o I combate de Pintura Mural enmarcado no festival de arte Culturban

Maite Ferreiro: “trátase dunha fórmula de interacción global coa cidade e cos seus barrios, tanto a nivel urbanístico como social”

Culturban é unha mostra de arte urbana que propón explorar a contorna urbana a partir de actividades artísticas en distintos puntos da cidade

  • Tema
    • Animación sociocultural,
    • Cultura e Turismo
Mércores, 21 de outubro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
 A área de Cultura convoca o I combate de Pintura Mural enmarcado no festival de arte Culturban

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua xunto co artista local Iago Eireos, representando ao espazo LUPA Arte presentaron o festival de arte Culturban, unha mostra de arte urbana que propón explorar a contorna urbana a partir de intervencións artísticas que transformen a cidade. “O obxectivo destas intervencións é conseguir un Lugo vangardista, participativo e amable, ao mesmo tempo que damos a oportunidade aos artistas locais para que colaboren na decoración da cidade”, explicou Maite Ferreiro.

“Trátase dunha fórmula de interacción global coa cidade e cos seus barrios, tanto a nivel urbanístico como social”, declarou Maite Ferreiro, que engadiu “trátase dunha experiencia única xa que durante todo o proceso creativo se usarán as rúas de Lugo, tanto como taller de traballo, como lenzo e como galería”.

O festival Culturban comezará o vindeiro 31 de outubro cun combate de pintura mural ao aire libre no que 10 participantes, que serán seleccionados conforme a súa traxectoria artística, que terán ata o 28 de outubro para anotarse enviando os datos necesarios á área de Cultura. Os artistas elixidos saberán, durante o día 29 a ubicación do evento e o propio día do combate anunciaráselles a temática para o mural que deberán realizar.

O Certame terá lugar entre as 9 e as 18 horas do sábado 31, cunha pausa para xantar. O xurado escollerá 3 gañadores, que levarán premios por valor de 1000, 700 e 300€.

Máis info

  • Bases do Culturban | Descargar pdf [1]

Audio

  • A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre o Culturban | Descargar mp3 [2]

URL fonte: http://concellodelugo.gal/gl/novas/area-de-cultura-convoca-o-i-combate-de-pintura-mural-enmarcado-no-festival-de-arte-culturban

Ligazóns:
[1] http://concellodelugo.gal/sites/default/files/users/user42478/bases_combate_culturban_fn.pdf
[2] http://concellodelugo.gal/sites/default/files/201021_maite_ferreiro_culturban_0.mp3