Ana González Abelleira participa nas actividades organizadas con motivo do Día Mundial da Diabetes
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión realizou o control de glucosa que se atopaba instalado na entrada do HULA para que os veciños e veciñas que o desexaran puideran comprobar o seu nivel de azucre no sangue
- Tema
- Benestar social,
- Sanidade
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, participou este mércores no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) nas actividades organizadas pola Asociación de Diabéticos Lucenses (ADIL) con motivo do Día Mundial da Diabetes, unha enfermidade que padecen máis de 382 millóns de persoas no mundo.
González Abelleira realizou o control de glucosa que se atopaba instalado na entrada do HULA para que os veciños e veciñas que o desexaran puideran comprobar o seu nivel de azucre no sangue. Nestas mesmas instalacións, voluntarios informaban da problemática dunha das enfermidades con maior incidencia e da importancia duns hábitos de vida saudables como principal forma de previr a diabetes.