Ana Abelleira visita a Feira de Asociacións de Ámbito Social de Lugo na Praza Maior
- Tema
- Alcaldía,
- Animación sociocultural,
- Cultura e Turismo
Venres, 09 de xuño de 2017
Fonte:
Gabinete de Prensa
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, visitou este venres na Praza Maior a Feira de Asociacións de Ámbito Social de Lugo (FADAS), con motivo do seu quinto aniversario e coa que colabora o Concello. Nesta mostra participaron catorce colectivos sociais da cidade, informando do labor social que realiza cada un deles. Tamén levaron a cabo talleres e diferentes actividades de sensibilización dirixidas á cidadanía.