Alumnas e alumnos franceses de intercambio co colexio Galén visitan a Casa Consistorial
- Tema
- Alcaldía,
- Educación,
- Centros de ensino
Martes, 04 de xuño de 2019
Fonte:
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa de Lugo en funcións, Lara Méndez, recibiu este martes a un grupo de alumnos e alumnas dun centro educativo de París, que se atopan de intercambio no colexio Galén. Tras a visita á Casa Consistorial, os rapaces e rapazas, acompañados das súas profesoras, achegáronse a coñecer a Casa dos Mosaicos e o Centro de Interpretación da Muralla.