Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (http://concellodelugo.gal)

Inicio > Alexandre Penas visita, xunto con veciñanza da zona, a rotonda temporal de Río Sil coa rúa Conde

Alexandre Penas visita, xunto con veciñanza da zona, a rotonda temporal de Río Sil coa rúa Conde

Alexandre Penas: “trátase dunha medida temporal coa que recoller datos para valorar a actuación definitiva”

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución,
    • Urbanismo
Mércores, 04 de novembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Alexandre Penas visita, xunto con veciñanza da zona, a rotonda temporal de Río Sil coa rúa Conde

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitou, xunto con veciñanza da zona, o cruce entre as rúas Conde e Río Sil, onde no día de hoxe se realizou a instalación temporal dunha rotonda para comprobar o seu funcionamento neste cruce.  “Cos datos que se recollan decidirase se continuar adiante coa sinalización definitiva dunha rotonda ou é preciso buscar outro tipo de solución”, declarou Alexandre Penas.

A concellería de Infraestruturas Urbanas contará coas observacións da empresa adxudicataria do pintado da sinalización horizontal e dos datos que recollan tanto o servizo de Enxeñaría do Concello como a Policía Local acerca da maniobrabilidade e da mellora na circulación que produza esta solución. “Trátase dun dos puntos con máis colisións de vehículos da cidade ao que queremos dar a mellor solución posíbel, atendendo ao mesmo tempo ás solicitudes da veciñanza da zona”.


URL fonte: http://concellodelugo.gal/gl/novas/alexandre-penas-visita-xunto-con-vecinanza-da-zona-rotonda-temporal-de-rio-sil-coa-rua-conde