A Alcaldesa participa nos actos do Día da Merced, patroa dos funcionarios de Institucións Penitenciarias
- Tema
- Alcaldía
Luns, 24 de setembro de 2018
Fonte:
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xunto á subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e o Presidente da Deputación, Darío Campos, participou este luns nos actos conmemorativos do Día da Merced, patroa dos funcionarios de Institucións Penitenciarias, nos que se entregaron varias distincións a traballadores dos centros penitenciarios de Bonxe e Monterroso.