A Alcaldesa participa nos actos conmemorativos da festividade do patrón da Policía Nacional
- Tema
- Alcaldía,
- Protección da comunidade
Luns, 03 de outubro de 2016
Fonte:
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, xunto a outros membros da Corporación Municipal, participou este luns nos actos conmemorativos de celebración do patrón do Corpo de Policía Nacional, os Santos Anxos Custodiosos. Primeiramente, asistiu aos actos relixiosos e logo achegouse ao salón de actos de Afundación Galicia Obra Social, onde se impuxeron as medallas ao mérito a membros das comisarías de Lugo.