A Alcaldesa deu a benvida ao IV Congreso #INLUGO organizado pola Deputación de Lugo, no que participaron máis 600 persoas
- Tema
- Alcaldía,
- Novas tecnoloxías
Venres, 16 de decembro de 2016
Fonte:
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, deu a benvida ao IV Congreso #INLUGO organizado pola Deputación de Lugo, no que participaron máis 600 persoas. Lara Méndez destacou a importancia das redes sociais como a nova canle da comunicación. "O #INLUGO é un referente a nivel nacional. Eu recordo con agarimo esta iniciativa porque participei do seu nacemento. As TIC´s convertéronse no presente da comunicación. Quen non está conectado pérdese unha alta porcentaxe de información", subliñou a rexedora.