A Alcaldesa de Lugo mantén un encontro cos participantes no campus de fútbol de Nadal, organizado polo C.D. Lugo
- Tema
- Alcaldía,
- Deportes
Mércores, 28 de decembro de 2016
Fonte:
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, visitou este mércores no Pazo de Feiras e Congresos aos rapaces que participan no campus de fútbol de Nadal, organizado polo Club Deportivo Lugo. Á cita acudiron tamén o Presidente da Deputación, Darío Campos, o Deputado Provincial de Deportes, Pablo Rivera, e o Xerente do Pazo de Feiras e Congresos, Rubén López. Unha vez rematado o encontro, realizaron unha foto de grupo con todos os participantes neste campus.