A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibe ao alumnado de terceiro de primaria do Ceip San José para explicarlles o funcionamento do Concello
- Tema
- Alcaldía,
- Educación,
- Centros de ensino
Mércores, 23 de outubro de 2019
Fonte:
Gabinete de Prensa
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez recibía esta mañá no Salón de Plenos do Concello aos 50 alumnos de terceiro de primaria do CEIP San José para explicarlles o funcionamento do Concello e a actividade diaria que se desenvolve nel.
A rexedora compartiu uns momentos co estudantado que aproveitou para facerlle todo tipo de preguntas tanto relacionadas tanto co seu papel como presidenta da Corporación como da súa vida familiar.