A Alcaldesa de Lugo e a rexedora de Mondoñedo acoden ás Solemnes Vésperas da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia
- Tema
- Alcaldía
Sábado, 24 de xuño de 2017
Fonte:
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a rexedora de Mondoñedo, Elena Candia, acompañadas por membros da Corporación Municipal lucense, acudiron este sábado ás Solemnes Vésperas da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia. A comitiva partiu da Praza Maior, dende diante da Casa do Concello, acompañada pola Banda Municipal de Música, cara a Catedral de Lugo, onde tiveron lugar os actos relixiosos.