A Alcaldesa apoia ao Club de Voleibol Emevé na presentación da nova tempada
Lara Méndez e membros da Corporación Municipal asistiron este sábado á presentación da nova tempada do Club de Voleibol Emevé, que tivo lugar no Pavillón Municipal de Deportes
- Tema
- Alcaldía,
- Deportes
Sábado, 05 de decembro de 2015
Fonte:
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa, Lara Méndez, e membros da Corporación Municipal, asistiron este sábado á presentación da nova tempada do Club de Voleibol Emevé, que tivo lugar ás 16:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes.
Durante o acto, a rexedora desexoulle ao club moitos éxitos para a nova tempada e aproveitou a ocasión para pedirlle a todos os xogadores e xogadoras que exerzan de embaixadores de Lugo alá onde vaian competir. Ao finalizar a presentación Lara Méndez recibiu o carné honorífico do club.