Adxudicado o asfaltado da Rúa Dona Urraca
- Tema
- Infraestruturas
A actuación, que servirá para mellorar as comunicacións entre os barrios de Lamas de Prado e A Piringalla, conta cun orzamento de 27.297,78 euros e os traballos comezarán de xeito inmediato
A concelleira de Infraestruturas, Paz Abraira, explica que con esta adxudicación dáse cumprimento a unha demanda histórica dos veciños.
A Xunta de Compras do Concello adxudicou á empresa Asogal por un importe de 27.297,78 euros as obras necesarias para a eliminación do tapón urbanístico existente na confluencia das rúas Dona Urraca e Camiño Verde. As obras comezarán de xeito inmediato, o que permitirá mellorar notablemente as comunicacións entre os barrios de Lamas de Prado e A Piringalla.
A concelleira nacionalista responsable de Infraestruturas e Axenda 21, declarou que estas actuacións son moi relevantes para a calidade de vida dos veciños, e que “para nós, desde logo, estas actuacións son prioritarias, e encaixan plenamente nos obxectivos que a nosa concellería se propuxo”
Actualmente atópase a zona de actuación conformada por dúas áreas de diferente pavimentación. A primeira está configurada pola antiga rúa e as segunda, pavimentada con zahorra artificial, corresponde coa áreas ocupada polo inmoble derribado. Con este asfaltado preténdese a pavimentación destas dúas zonas, mediante a construción de firme a base de formigón. Posteriormente procederase ao pintado de marca vial lonxitudinal e recrecido de tapas, así como á disposición de bolardos para permitir un uso peonil en condiciones de seguridade do itinerario proposto.
O prazo máximo para a realización desta obra é dun mes.
Coñeza as obras en marcha [1].