Aberto o prazo de inscrición no curso de galego que ofrecerá por primeira vez a Casa das Linguas
Este curso, que terá lugar nas instalacións de Estrada da Granxa todos os mércores de 18:00 a 19:00 horas, conta cun total de 20 prazas que se cubrirán por orde de chegada
- Tema
- Ensino de linguas,
- Xuventude
O Concello de Lugo ofrece por primeira vez a oportunidade de aprender galego nivel A1 na Casa das Linguas de Estrada da Granxa. Este curso, tal e como avanzou a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, terá lugar todos os mércores de 18:00 a 19:00 horas e conta cun total de 20 prazas que se cubrirán por orde de chegada. As persoas interesadas poden inscribirse dende hoxe nas propias instalacións.
Mais información no blog: http://casadaslinguasconcellodelugo.blogspot.com.es [1].