Aberta a inscrición para os 4 torneos do Ludus Gaming Festival, que contará con 8 zonas diferenciadas e máis de 100 postos de xogo
Pódense realizar ben a través da páxina web do Concello, www.lugo.gal [1], ou no enderezo electrónico https://ebone.es/ebone-organiza-videojuegos-ludus-gaming/ [2]
O evento, de acceso gratuíto, celebrarase o venres, 29 de marzo, de 17:00 a 22:00 horas, o sábado 30 de marzo, de 11:00 a 22:00 horas e o domingo, 31, de 11:00 a 20:00 horas na Casa do Deporte
A cita está enmarcada na programación do Concello para potenciar as novas tecnoloxías e achegar á veciñanza ao mundo dixital. Está aberto tanto á mocidade como a público familiar que queira gozar co lecer dixital
Lugo prevé uns 5.000 asistentes a este festival, co que o Concello recupera un encontro que xa se realizou en anos pasados con características similares na cidade de Lugo e grande aceptación
- Tema
- Programación cultural,
- Novas tecnoloxías
As inscricións para os 4 torneos do Ludus Gaming Festival 2019, unha cita de acceso gratuíto para amantes dos videoxogos, que acollerá a vindeira fin de semana a Casa do Deporte, xa están abertas. Pódense realizar ben a través da páxina web do Concello, www.lugo.gal [1], ou no enderezo electrónico https://ebone.es/ebone-organiza-videojuegos-ludus-gaming/ [2]
Nestes catro torneos poderán participar ata 1.500 xogadores e xogadoras nos seguintes videoxogos:
- Fortnite: bracket para 300 participantes
- Clash Royaye: bracket para 800 participantes
- FIFA 19: bracket para 300 participantes
- League of Legends: 5x5 para 250 participantes
Organizarase unha competición para cada un dos torneos descritos cun único cadro onde as rondas clasificatorias se desenvolverán dende o venres tarde ata a xornada do domingo, que terminará coas finais. Os torneos configuraranse baixo inscrición previa e con número de prazas limitado.
Cada unha das competicións disporá dos seus premios correspondentes: tablets, PS4 ou cadeiras gamming, entre outros.
Este evento está enmarcado na programación da entidade local para potenciar as novas tecnoloxías e achegar á veciñanza ao mundo dixital. Está aberto tanto á mocidade como a público familiar que queira gozar co lecer dixital.
A cita ten dous grandes obxectivos: potenciar o interese da tecnoloxía e reivindicar o papel do videoxogo como algo máis que un xogo, como unha oportunidade profesional, de emprendemento, no tocante ao desenvolvemento e programación de xogos, e a industria que rodea esta actividade.
Lugo prevé, ademais da participación de internautas e videoxogadores procedentes de toda España, uns 5.000 asistentes a este festival, co que o Concello recupera un encontro que xa se realizou en anos pasados con características similares na cidade de Lugo e grande aceptación.
O Ludus Gaming Festival divídese, a grandes rasgos, en tres áreas:
- Formativa e lúdica. Preténdese poñer a disposición da veciñanza unha serie de propostas formativas que permitan o acceso ao coñecemento de novas tecnoloxías dende unha perspectiva teórica-práctica, que satisfaga ademais o desexo de aprender e facilite, ao mesmo tempo, a oportunidade de experimentar e probar in situ os elementos que compoñen unha aproximación á tecnoloxía e aos xogos.
- Divulgativa, técnica e de demostración. Búscase, nesta área facer, chegar ao público información relevante sobre tendencias, produtos e recursos da tecnoloxía. Cúmprese así un dos obxectivos do Concello, que pretende divulgar e aproximar á cidadanía ás novas tecnoloxías, incorporándoas no cotián como un elemento máis e facendo familiar o contacto con elas.
- Free zone. Espazo para o xogo gratuíto.
8 zonas diferenciadas, 4 torneos e máis de 100 postos de xogo
O Ludus Gaming Festival estará composto por 8 zonas diferenciadas: torneos, talleres, free play, simuladores, retorarcade, visionado, animación e mainstage.
- Zona torneos: na que se disputarán as competicións anteriores.
- Zona talleres: acollerá, de forma alternativa entre os días de desenvolvemento do evento, un Taller de Programación e Voo de Drons e un Taller de Robótica, basado na construción de condución en circuíto de boots.
- Zona free play: onde se poderán atopar máis de 20 postos de xogo para distintas videoconsolas: PS4, Xbox One ou Nintendo Wii.
- Zona retro arcade: configurada en modo de xogo libre, asistida por monitores que orientarán ás persoas asistentes, e contará con ata 6 postos retro con máis de 1.500 videoxogos arcade vintage.
- Zona simulador e VR: espazo onde o público poderá gozar de experiencias racing car para as persoas amantes da fórmula 1 con ata 4 simuladores e xogos de realidade virtual aumentada con outras 4 simuladores de realidade virtual.
- Zona animación: un espazo divertido, singular e artístico que combinará as seguintes accións:
- Zona singstar/ just dance / kpop: un espazo con postos de xogo para estas modalidades
- Animación e dinamización: mascotas e personaxes gaming (Mario Bros, Luigi, Pikachu, Minions...) aparecerán en distintas sesións para interactuar coas persoas asistentes.
- Meet & Greet: un espazo onde as e os participantes terán a ocasión de coñecer en exclusiva aos seus youtubers favoritos.
- Beat the pro: sesións onde as persoas participantes poderán tratar de bater ao seu índolo no seu xogo favorito.
- Zona filmoteca/visionado: organizarase nas xornadas de venres e sábado sesións-marathon no que se poderán ver diferentes contidos audiovisuais (películas, curtos ou series), relacionados coas temáticas que nos ocupan: StarWars, Marvel ou Hero.
- Zona mainstage: un escenario acompañado dunha impresionante pantalla LED onde terán lugar algunhas das accións descritas anteriormente.
Tamén haberá unha zona Food & Truck no exterior do pavillón, con servizo de comida, e destaca tamén un espazo de ocioteca.
Como non podía ser doutro xeito nun evento gaming, esta cita contará coa participación de famosos youtubers e videogamers. En concreto, formarán parte do Ludus Gaming ZormAn, con máis de 1,4 millóns de suscriptores no seu canal, Álex Alguacil, campión do mundo de PES e Aidy García Cortés, que conta con máis de 19.000 seugidores en Twitter e é player do club Giants Gaming.
Horarios
O Ludus Gaming Festival 2019 celebrarase o venres, 29 de marzo, de 17:00 a 22:00 horas, o sábado 30 de marzo, de 11:00 a 22:00 horas e o domingo, 31, de 11:00 a 20:00 horas. O acceso é totalmente de balde.