63 deportistas de Lugo menores de 16 anos participarán nos Xogos do Eixo Atlántico, que se desenvolverán en Braga
- Tema
- Alcaldía,
- Deportes
Mércores, 03 de xullo de 2019
Fonte:
Gabinete de Prensa
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o concelleiro de Deportes, Miguel Fernández, recibiron hoxe aos 63 novos deportistas de Lugo que participarán nos Xogos do Eixo Atlántico, que se desenvolverán entre os días 7 e 12 de xullo en Braga. O municipio, como membro da entidade, financia parte da viaxe dos xogadores. Ademais dos deportistas, acudirán 9 adestradores.
Os mozos e mozas, menores de 16 anos, foron seleccionados entre dos distintos clubs de Lugo nas modalidades de natación, fútbol y baloncesto.
A rexedora desexoulles ánimo e boa sorte e pediulles que xogasen con deportividade e defendesen con orgullo as cores de Lugo
En total, nos xogos participarán 1.673 deportistas de 26 localidades.