Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (http://concellodelugo.gal)

Inicio > 25 universitarios sénior celebran o seu acto fin de curso na Casa do Saber de Lugo

25 universitarios sénior celebran o seu acto fin de curso na Casa do Saber de Lugo

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Educación,
    • Centros de ensino,
    • Educación pública
Sábado, 20 de maio de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
25 universitarios sénior celebran o seu acto fin de curso na Casa do Saber de Lugo

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou este sábado no acto de fin de curso da segunda promoción de graduados e graduadas sénior do IV Ciclo Universitario da USC, que tivo lugar na Casa do Saber de Lugo. A esta cerimonia tamén asistiu o Vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno, o Deputado de Relación Institucionais, Álvaro Santos, a madriña desta promoción, Carolina Casa, a director deste ciclo, Esther Oliveira e a subdirectora Xeral de Promoción da Autonomía Persoal e Prevención da Dependencia da Xunta, Carmen Orgueira.

Durante o acto, a rexedora fixo fincapé no denominador común que comparten os 25 universitarios sénior, "o coñecemento polo coñecemento". Así mesmo subliñou o éxito do ciclo sénior e enxalzou as gañas de seguir aprendendo que manteñen, non por crecemento profesional, senón polo persoal.

Nesta liña tamén insistiu Álvaro Santos, quen convidou aos asistentes a continuar aprendendo activamente.


URL fonte: http://concellodelugo.gal/gl/novas/25-universitarios-senior-celebran-o-seu-acto-fin-de-curso-na-casa-do-saber-de-lugo