Presentación CD Escola Municipal Música Lugo
- Tema
- Educación pública
O pasado día 20 de decembro de 2016 a Escola Municipal de Música presentou o primeiro disco do centro no MIHL (Museo Interactivo da Historia de Lugo) as 20h.
O cd contén 17 pistas e foi gravado en Abrigueiro Estudios de Friol entre os meses de xuño e novembro de 2016; nas sesións de gravación participaron nenos/as dende os 8 anos ata adultos xa xubilados, todos eles alumnos/a da Escola Municipal de Música. As agrupacións participantes foron as seguintes por orden de aparición no cd:
- Big Band: Dirección, Adrián Lage Blanco.
- Grupo de Clarinetes: Dirección, Julián Villamor Regueiro.
- Grupo de Tambores Infantil: Dirección, Efraím Díaz.
- Charanga: Dirección, Carlos Méndez Castro.
- Grupo Didáctico de Pito Galego: Dirección, Efraím Díaz.
- Grupo Tradicional: Dirección, Julián Villamor Regueiro.
- Grupo de Metais Graves: Dirección, Aquilino Piñeiro Costas.
- Coro Moderno: Dirección, Noelia González Rodríguez.
- Grupo de Pandeiretas: Dirección, Mª Mercedes Autrán Romero.
- Grupo de Tambores Adultos: Dirección, Efraím Díaz.
Portada do disco:
O repertorio contido no disco é o seguinte:
- “Watermelon Man”………………….4:54
- “O Son do Ar”………………………..2:21
- “O Carro”……………………………..3:05
- “Medley Rumbas”…………………..3:18
- “Non, Je Ne Regrette Rien”……….2:24
- “Danza das Burgas”………………..1:21
- “Se Chove”…………………………...5:29
- “Moonglow”…………………………..3:23
- “Let Me Wait”…………………………3:20
- “Balada Galega”……………………..4:31
- “Argallada de San Froilán”………...3:13
- “Estudo 4”…………………………….0:48
- “Xota Danzarica”…………………….0:33
- “Arriba Gaiteiro”……………………..2:34
- “Gallo Rojo, Gallo Negro”………….4:22
- “Rumba de Ramiro”…………………2:49
- “Over My Head”………………………2:36
A coordinación do proxecto correu a cargo de Efraím Díaz, Xefe de Estudos do centro, o deseño gráfico a cargo de Antonio Mourín e a xestión dixital e executiva a cargo Arco Iris Music (Lugo). O disco está editado polo Concello de Lugo a través da Concellería de Educación e Infraestructuras Urbanas e a Escola Municipal de Música.
Disco
- 1º CD Escola Municipal Música Lugo | Descargar CD completo [1]