Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (http://concellodelugo.gal)

Inicio > Escola Municipal de Música

Escola Municipal de Música

  • Tema
    • Educación pública

Escola Municipal de Música

A través da Escola Municipal de Música o Concello de Lugo puxo no ano 2012 un novo servizo para toda a cidadanía de Lugo. Era unha vella demanda, pois Lugo era a única cidade galega que non contaba cunha escola municipal de música, un servizo que hai mesmo en moitas vilas máis pequenas. A súa creación é un compromiso feito realidade e cun único obxectivo: popularizar a música e a cultura.

A través desta iniciativa queremos que a música chegue a toda a cidadanía, sen distinción de idade ou de clase social, por medio dun servizo cen por cen público, porque en época de crise hai que seguir apostando polo público. Pasados mais de 5 anos dende a súa creación a Escola Municipal de Música do Concello de Lugo conta cunha presenza e nome na cidade que non fai mais ca reflectir o bo e entregado traballo do seu profesorado e do involucrado e numeroso alumnado, mais de 700 alumnos e alumnas.

A nosa escola de música créase coa finalidade de formar aficionados/as e tamén orientar en materias que outros centros da cidade non imparten. Posibilita unha organización flexible e adáptase as condicións e necesidades da cidade de Lugo. Permite o acceso a música as persoas de todas as idades con independencia da súa formación e ten un cáracter eminentemente práctico dende pronta idade. As clases están pensadas tanto para nenos e nenas que se inician na música como para persoas adultas que queren aprender a tocar algún instrumento. Poderás escoller entre un amplo abano que vai dende os instrumentos de vento á percusión e complementar a túa formación con clases de apoio. A nosa escola oferta un horario flexible e unha ensinanza integradora que fan posible que todo o mundo atope o seu oco.

A Escola Municipal de Música de Lugo tamén ofrece a experiencia do seu profesorado á cidadanía, profesorado que forma parte dunha agrupación profesional como é a Banda Municipal de Música de Lugo, formación xa histórica na nosa cidade, un conxunto con preto de 150 anos de vida dende o ano 1869 e municipalizada por Xan Montes en 1876. Queremos aproveitar todo ese potencial e esa bagaxe na escola de música, por iso tamén está situada no Centro Social Uxío Novoneyra, onde xa ten o seu local de ensaio a Banda Municipal de Música.

Con todo, a nosa escola é un centro formativo, regulado polas administracións que teñen competencia educativa, de ensinanzas non conducentes a titulación e de difusión cultural de calado na vida da cidade que debe estar en pleno contacto coa actividade da Banda Municipal de Música. Os músicos/as da propia Banda de Música lideraran os grupos e a docencia da Escola polo seu coñecemento de repertorio, traballos, experiencia, diversidade de estilos musicais e capacidade de motivación e de xestión de grupos. As actividades da Escola tamén teñen en conta e colaboraran na medida do posible con institucións públicas ou privadas relacionadas coa cultura e a educación, como é o caso dos seus “Concertos Didácticos” que se achegan todos os anos aos centros educativos da cidade e da provincia de Lugo dende a creación da nosa Escola Municipal de Música de Lugo.

A música e o resto das artes en xeral, contribúen ao desenvolvemento intelectual, artistico-estético e social das persoas, a música é unha fonte de acceso ao saber, estimula o descubrimento, a curiosidade tanto propia como allea, e favorece a expresión completa da personalidade. En todo este proceso involúcranse activamente; a expresión corporal psicomotriz, a percepción sensorial, a empatía, e os diversos tipos de intelixencia. Coa música, as redes interpersoais aliméntanse a través do respecto, e como consecuencia da práctica grupal, aumentan as posibilidades de expandir as redes interpersoais e polo cal de explorar os campos pretos á felicidade.

SECRETARÍA

  • Curso 2018-2019
    • Solicitude matrícula | Descargar pdf [1]
    • Ordenanzas de tributos e prezos públicos | Descargar pdf [2]
    • Bases que rexirán o proceso de matriculación | Descargar pdf [3]
    • RECTIFICACIÓN das Bases que rexirán o proceso de matriculación | Descargar pdf [4]
    • Anos de nacemento do curso | Descargar pdf [5]
  • Impresos
    • Modelo para tramitación de altas e baixas | Descargar pdf [6]
    • Modelo de autorización imaxe menores | Descargar pdf [7]
    • Modelo de autorización imaxe persoas adultas | Descargar pdf [8]
    • Modelo de autorización desprazamento alumnado | Descargar pdf [9]
    • Modelo de autorización saída alumnado | Descargar pdf [10]
    • Normas recollida do alumnado | Descargar pdf [11]
    • Folla de préstamos instrumental alumnado | Descargar pdf [12]
    • Folla de solicitude reunión titorías | Descargar pdf [13]
    • Folla de xustificación de faltas | Descargar pdf [14]
  • Horarios
    • Horario agrupacións 2018-2019 | Descargar pdf [15]
    • Horario linguaxes 2018-2019 | Descargar pdf [16]
    • Horario MeMOV e F.B 2018-2019 | Descargar pdf [17]
    • Horario secretaria | Descargar pdf [18]
    • Horario de formación adultos 2018-2019 | Descargar pdf [19]
    • [19]Horario de instrumentos 2018-2019 | Descargar pdf [20]
  • Calendario
    • Calendario escola 2018-2019 | Descargar pdf [21]
  • Banco Instrumentos
    • Modelo para a devolución do préstamo de instrumento | Descargar pdf [22]
    • Modelo para a doazón de fondos musicais | Descargar pdf [23]
    • Modelo de solicitude prestamo instrumental | Descargar pdf [24]
    • Modelo para a aceptación do préstamo de instrumento | Descargar pdf [25]
    • Informe proposta para a creación | Descargar pdf [26]
    • Modelo de solicitude prestamo instrumental (impreso) | Descargar pdf [27]

PLAN DE ESTUDOS

  • Faga clic aquí [28] para ver o plan de estudos.

PERSOAL E PROFESORADO

  • Faga clic aquí [29] para ver o persoal e profesorado.

ACTUALIDADE

  • Consulta toda a actualidade no noso Facebook: http://www.facebook.com/esmulugo [30]

CONTACTO

  • Teléfono secretaría
    • Dende móvil
      • 982 297 100 ext 7834
      • 630 306 169 7800
      • 630 306 169 7834
    • Dende fixo
      • 982 297 100 ext 7834 
  • Email
    • Contactar a escolamunicipaldemusica@concellodelugo.org [31]
  • Ubicación
    • Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, Quiroga Ballesteros, 1 A, 27001 Lugo | Ver mapa [32]
  • Asociación de usuarios
    • Facebook: https://www.facebook.com/auesmu [33]
    • Email: asoc.usuariosesmulugo@gmail.com [34]

MULTIMEDIA

  • Disco da escola
    • Faga clic aquí [35] para ver o 1º disco da escola.
  • Vídeos de Youtube
    • Concerto Didáctico "Fantasía" | Ver vídeo [36]
    • Concerto Didáctico 18/07/2012 | Ver vídeo [37] 
    • Concerto Express da Big Band | Ver vídeo [38] 
    • Grupo Didáctico de Pito Pastoril | Ver vídeo [39] 
    • "Xa fun a Marín" Grupo Tradicional | Ver vídeo [40] 
    • "Ata o mandil" Grupo de pandeiretas | Ver vídeo [41] 
    • Actuación do grupo de frautas | Ver vídeo [42] 
    • "Lugo Ten Música", Coro Moderno e Big Band | Ver vídeo [43] 
    • Grupo de Clarinetes | Ver vídeo [44]

URL fonte: http://concellodelugo.gal/gl/actuacions/escola-municipal-de-musica

Ligazóns:
[1] http://concellodelugo.gal/sites/default/files/follamatricula_2018_2019_1.pdf
[2] http://concellodelugo.gal/sites/default/files/documentos/adjuntos/2017/12/ord2018_405_1.0.pdf
[3] http://concellodelugo.gal/sites/default/files/bases_2018_2019.pdf
[4] http://concellodelugo.gal/sites/default/files/rectificacionbases_2018_2019.pdf
[5] http://concellodelugo.gal/sites/default/files/anosescola_2018_2019.pdf
[6] http://concellodelugo.gal/sites/default/files/alta-baixa.pdf
[7] http://concellodelugo.gal/sites/default/files/autorizacion_de_imaxe_de_menores.pdf
[8] http://concellodelugo.gal/sites/default/files/autorizacion_de_imaxe_persoas_adultas.pdf
[9] http://concellodelugo.gal/sites/default/files/autorizacion_desprazamento_dentro_escola.pdf
[10] http://concellodelugo.gal/sites/default/files/autorizacion_saida_alumnado.pdf
[11] http://concellodelugo.gal/sites/default/files/normas_recollida_alumnado.pdf
[12] http://concellodelugo.gal/sites/default/files/prestamo_instrumento_alumnado.pdf
[13] http://concellodelugo.gal/sites/default/files/solicitude_reunion_titoria.pdf
[14] http://concellodelugo.gal/sites/default/files/xustificacion_de_faltas.pdf
[15] http://concellodelugo.gal/sites/default/files/01_-_horario_de_agrupacions_2018-2019.pdf
[16] http://concellodelugo.gal/sites/default/files/01_-_horario_linguaxes_2018-2019.pdf
[17] http://concellodelugo.gal/sites/default/files/01_-_horario_musica_e_movto_-_formacion_basica_2018-2019.pdf
[18] http://concellodelugo.gal/sites/default/files/horario_secretaria.pdf
[19] http://concellodelugo.gal/sites/default/files/01-_horario_formacion_de_adultos_2018-2019.pdf
[20] http://concellodelugo.gal/sites/default/files/horario_instrumentos_2018-2019.pdf
[21] http://concellodelugo.gal/sites/default/files/calendario_escola_musica_lugo_2018_2019.pdf
[22] http://concellodelugo.gal/sites/default/files/392_gal_solic_devolucion_banco_de_instrumentos.pdf
[23] http://concellodelugo.gal/sites/default/files/393gl_solic_doazon_banco_instrumentos.pdf
[24] http://concellodelugo.gal/sites/default/files/394gl_solici_prestamo_instrumental.pdf
[25] http://concellodelugo.gal/sites/default/files/395gl_solic_modelo_para_aceptacon_de_prestamo_instrumentos.pdf
[26] http://concellodelugo.gal/sites/default/files/banco_de_instrumentos_definitiva.pdf
[27] http://concellodelugo.gal/sites/default/files/impreso_banco_instrumentos.pdf
[28] http://concellodelugo.gal/gl/actuacions/escola-municipal-de-musica-plan-de-estudos
[29] http://concellodelugo.gal/gl/actuacions/escola-municipal-de-musica-persoal-e-profesorado
[30] http://www.facebook.com/esmulugo
[31] mailto:escolamunicipaldemusica@concellodelugo.org
[32] https://goo.gl/maps/Pkj9xLGVMg92
[33] https://www.facebook.com/auesmu
[34] mailto:asoc.usuariosesmulugo@gmail.com
[35] http://concellodelugo.gal/gl/actuacions/presentacion-cd-escola-municipal-musica-lugo
[36] https://www.youtube.com/watch?v=g90Qs0AEMTk%20
[37] https://www.youtube.com/watch?v=iFlmoeQ3QEA%20
[38] https://www.youtube.com/watch?v=J8r--BBybA8
[39] https://www.youtube.com/watch?v=CECTR1ffwOY
[40] https://www.youtube.com/watch?v=YJQqcIVRT24
[41] https://www.youtube.com/watch?v=rpvfkADAj7M
[42] https://www.youtube.com/watch?v=ue4FhdzqKyI
[43] https://www.youtube.com/watch?v=K3xFsP4eMS8
[44] https://www.youtube.com/watch?v=tJly0Fyhh00