Biografía de Efraím Díaz Vázquez
- Tema
- Educación pública
Efraím Díaz naceu en Lugo en 1980, inicia aos 8 anos os seus estudos de gaita galega, flauta e percusión galega co seu pai Cándido Díaz baixo a agrupación Zuncurrundullo de Castroverde, campioa de Galicia e Nacional no ano 1998.
En 1992 fai por libre 1º de solfeo, posteriormente en 1995 empeza os seus estudos de percusión no Conservatorio de Lugo, no cal cursa grado Elemental e Profesional. Compaxinando con estes estudos tamén fixo os estudos de Cerámica Artística en Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos Ramón Falcón de Lugo, estudos que axudaron a desenvolver a súa sensibilidade artística. Froito desta actividade na cerámica participou en diversas exposicións colectivas e foi finalista en dúas ocasións do Certamen de Artes Plásticas Cidade de Lugo na súa modalidade de escultura.
Foi alumno oínte da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia e estivo de bolseiro durante un ano pola Asociación de Intérpretes e Ejecutantes de España (A.I.E) na Escola Estudo de Santiago de Compostela para estudar percusión latina co profesor cubano Leo Pimentel.
Recibiu clases de percusionistas como Eric Sammut, Markus Leosson, Philippe Spiesser, Igor Lesnik, Ludwig Albert, Chin Cheng Lin, N.J. Zivkovick, Beverley Jhonston, Jean Geoffroy entre outros.
Como músico percusionista formou parte de diversas agrupaciones en grao sumo variopinto, Camerata Lucense (Clásico), Banda de Municipal de Música de Lugo, Banda de Música de Sarria, Grupos de Teatro, Palma Fiore (Hip Hop) Die Away (Trash Metal), Nómada (Folk e músicas do mundo), Color Café (Latin jazz) e o espectáculo Tambores de Lume; tamén tocou as percusiones, flautas barrocas, whistles e gaita co grupo lucense Ghaita Depedra.
É Titulado Superior na Especialidade de Percusión, tendo cursado estudos no Conservatorio Superior de Música da Coruña, coa Profesora Pilar García, obtendo no seu concerto Fin de Carreira a cualificación de Matricula de Honra.
Titulado Profesional na Especialidade de Gaita, tendo cursado estudos no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, co profesor David Bellas.
Exerceu o seu labor docente en diversas Escolas de Música, como as de Sada, Sarria, Guitiriz e nos Conservatorios Profesionais de Villalba, Ferrol, Melide, Monforte e Superior da Coruña.
É músico solista de percusión na Banda Municipal de Música do Concello de Lugo dende o ano 2002, é profesor de diversas materias na Escola Municipal de Música de Lugo dende o ano 2012.
Participou en máis de 10 grabaciones discográficas, con agrupaciones dende Bandas de Música Populares, pasando por Trash Metal, Latin Jazz e Música Celta e Folk.
Durante o ano 2008 obtivo unha beca da Fundación Caixa Galicia “Beca para primeira obra”. Froito desta beca é o seu primeiro cd como percusionista solista en solitaria “Viaxe por Kallaikía”. En devandito traballo aparecen 4 obras de propia creación ademais doutras destacables do repertorio da percusión contemporánea. A obra “Viaje por Kallaikía” foi a súa primeira obra usando paisaxes sonoras e técnicas electroacústicas, xa soou en RNE, no programa “La casa del Sonido” dirixido e presentado por José Luís Carles.
Ademais de obras propias estreou en España a obra da percusionista canadiense Beverley Jhonston “Snare Drama” no XI Ciclo de Novos Intérpretes da Asociación Galega da Lirica Teresa Berganza no Paraninfo da USC da Facultade de Historia.
No campo da música electroacústica, o seu interese maior son as paisaxes sonoras, froito do cal e logo de estar en contacto e compartir escenario, con compositores como José Luís Carles, Cristina Palmese, Inaculada Cárdenas e Arturo Vaquero. Puxo en marcha un proxecto para o estudo dos sons da cidade de Lugo, “Lugosonoro”.
Ten formación en cuncas tibetanas e gongs con Jacomina Kistemaker e de facilitación de Círculos de Tambores con Christine Stevens.
É membro permamente do GCSUS, Grupo de Creación Sonora da Universidade de Santiago de Compostela, xunto a Inmaculada Cárdenas, Arturo Vaquero e Mónica Álvarez.
Actualmente é gaiteiro do cuarteto Coventina. Toca o pito pastoril en Pitanfona (Dúo Pito Pastoril-Zanfona), no proxecto Consort de Pitos Pastoriles i é gaiteiro no grupo Son de Lugh.
No ano 2015 edita o seu segundo disco coma solista, “Pito Galego” nesta ocasión o disco ten como protagonista ao Pito Pastoril instrumento tradicional Galego e dende o 2016 é membro fundador e presidente do Instituto Galego de Estudos do Pito Pastoril (IGAESPI). No 2018 estará a traballar no seu terceiro disco coma solita, nesta ocasión estará centrado en obras para o Pito Pastoril Galego e Banda de Música.