As XXXII Xornadas Penitenciarias Lucenses, que acollerá o Vello Cárcere por segundo ano, farán referencia á sociedade, drogas e prisión

Carmen Basadre e Paula Alvarellos presentaron a cita, que se celebrará os días 17 e 18 de setembro en xornada de tarde, dende as 19:00 horas o primeiro día, e a partir das 19:30 horas, o segundo

Martes, 04 de setembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
As XXXII Xornadas Penitenciarias Lucenses, que acollerá o Vello Cárcere por segundo ano, farán referencia á sociedade, drogas e prisión

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, xunto á presidenta da Asociación Penitenciaria Concepción Arenal, Paula Alvarellos, presentaron este martes, na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, as XXXII Xornadas Penitenciarias Lucenses, que acollerá o Vello Cárcere, por segundo ano consecutivo. Celebraranse os días 17 e 18 de setembro, en xornada de tarde, a partir das 19:00 horas, e farán referencia á sociedade, drogas e prisión. Ao acto tamén asistiron membros da directiva do colectivo así como os directores das prisións de Bonxe e Monterroso.

Na presentación, a edil definiu a este evento como "unha cita obrigada e imprescindible na cidade de Lugo, que sempre trae temas actuais e de interese". Así mesmo a Concelleira incidiu na prevención do consumo de drogas, e sobre todo, entre os mozos e mozas, nunha sociedade como a actual, na que volven as drogadiccións. Nesta liña, Basadre lembrou que dende o Concello "estamos  traballando en alternativas saudables e de lecer para a mocidade, como cursos de formación ou actividades de cultura urbana, poñendo o noso gran de area neste eido". Estas actividades, subvencionadas polo Plan Nacional de Drogas, súmanse ás asesorías xuvenís da entidade local coas que ofrece apoio e asesoramente á poboación máis nova e ás súas familias.

Pola súa banda, Alvarellos agradeceu a colaboración do Concello con estas xornadas "tradicionais, con gran asentamento en Lugo", que fan este ano un recoñecemento  ao labor de institucións penitenciarias e ONG´s. Tamén quixo poñer o acento na temática deste ano: a problemática da drogadicción en prisión, afirmando que o 80% dos delitos polos que se entra en prisión están relacionados con drogadicción: tráfico de estupefacientes ou roubos para consumo, entre outros.

A programación

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez será a encargada de inaugurar estas xornadas o día 17, ás 19:00 horas. Posteriormente terá lugar a entrega de medallas Concepción Arenal e unha ponencia a cargo de Carmen Avendaño, presidenta da Fundación Érguete, moderada polo director de programas da CP de Monterroso, Víctor Fraga. Ao día seguinte, celebrarse a mesa redonda Drogas, adicción e delito, onde intervirán María Rodríguez, de Curz Vermella, Héctor López, do Proxecto Home, Fátima Estúa, de Aliad, e Esteban Álvarez, da UTE do CP de Villabona. A subdirectora de tratamento do CP de Monterroso, Elvira Fernández moderará as intervencións desta segunda xornada, que clausurará a Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez.

Audio

  • Carmen Basadre, sobre as XXXII Xornadas Penitenciarias Lucenses | Descargar mp3

Documento

Noticias relacionadas