A XVI Carreira Popular Lugo Monumental, que se celebra este domingo, rexistra a segunda máis alta participación da súa historia

O percorrido mantense con respecto as anteriores edicións xunto cos horarios de saída: 11:00 horas para ás categorías menores e ás 12:00 horas para adultos, na Ronda da Muralla, na zona da Mosqueira

Mércores, 12 de decembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A XVI Carreira Popular Lugo Monumental, que se celebra este domingo, rexistra a segunda máis alta participación da súa historia

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, acompañado de representantes do Grupo El Progreso, Caixa Bank e UNICEF, presentou este mércores, na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, a XVI Carreira Popular Lugo Monumental-Gran Premio Caixa Bank, que se celebrará este domingo.

No acto de presentacion, Fernández enxalzou a gran participación nesta cita, a segunda máis alta da súa historia, a pesar de celebrarse nesta mesma data outras carreiras na provincia e na comunidade. Así mesmo, subliñou o incremento dun 25% de persoas inscritas con respecto á pasada edición, ao tempo que convidou a disfrutar dun Lugo humanizado polo deporte.

O percorrido mantense con respecto as anteriores edicións xunto cos horarios de saída: 11:00 horas para ás categorías menores e ás 12:00 horas para adultos, na Ronda da Muralla, na zona da Mosqueira.

A saída será fronte á Mosqueira, na Ronda da Muralla, na dirección da circulación, discorrendo pola Ronda ata chegar á altura da Rúa do Teatro, xiro á esquerda e subida - Santo Domingo-, xiro á esquerda rúa da raíña-paso por LIÑA DE META-xiro á dereita baixando pola rúa da Praza Maior-xiro á esquerda por Bispo Aguirre, a carón do Círculo das Artes; xiro á dereita cara a rúa Vilalba, enfilando recto ata a Avda Ramón Ferreiro ata a altura da rúa Pintor Corredoira. Despois haberá un cambio de sentido de novo pola Avda Ramón Ferreiro – xiro á dereita en dirección a Anxo López Pérez en dirección á Ronda da Muralla discorrendo por ela ata a altura da Porta de Santiago, onde as corredoras e corredores desviaranse cara á rúa Recatelo, rúa Ribadeo (meta voante El Progreso), rúa Xeral Tella, Praza de Avilés, xiro á dereita Dtor Portela -ida e volta- seguindo recto en dirección Avda Rodríguez Mourelo, xiro á dereita cara á Avda. Ramón Ferreiro, xiro á esquerda (180º) á altura de Pintor Corredoira, para voltar pola avda. Ramón Ferreiro, rúa Anxo López Pérez, Praza da Constitución, Ronda da Muralla ata a altura da Porta de Santiago, onde as persoas participantes subirán ao adarve da Muralla pola rampla fronte á Catedral para xirar á esquerda e afrontar unha volta polo adarve da Muralla ata chegar de novo á rampla, onde se baixará cara á Praza Pío XII, rúa Bo Xesús, Praza Sta. María, Alférez Provisional, rúa do Colexio dos R.R.P.P. Franciscanos (Praza Maior), e chegada á meta, situada ao carón da Casa do Concello.

A recollida de dorsais xa pode facerse nas instalacións de Decathlon Lugo,do 13 ao 16,  inclusive este último para todas aquelas persoas que veñan de fóra da cidade e non poideran recollelo días antes. Deberán de ter en conta que o centro de Lugo pecharase preto das 11:00 h, que é cando se inician as probas de menores. Esta edición colabora a favor de UNICEF.

Plan de tráfico

Para que o evento se desenvolva con total seguridade, elaborouse un plan de tráfico que implica cortes de rúas e desvíos alternativos mediante sinalización circunstancial e carteis informativos.

Disporase dun operativo no que colaborará a Policía Local, Protección Civil e persoal do evento.

A  proba principal (categoría adultos) que conleva a maior afección ao tráfico rodado, comeza a partir das 12:00 horas, se ben se procederá co operativo de tráfico uns minutos antes.

O transporte interurbano poderase ver afectado nas súas rutas habituais, recomendando a entrda e saída pola rúa Dinán. Tamén poderá verse afectada a parada de taxis situada fronte á estación de autobuses, quedando anulada temporalmente.

Noticias relacionadas