Xuventude retoma o curso de Monitor/a de actividades de tempo libre

As inscricións están abertas dende xa e ata o 25 de novembro, na Casa da Xuventude (con cita previa)

O curso celebrarase nas instalacións da Casa da Xuventude, dende o 28 de novembro ao 31 de xaneiro, todas as fins de semana

Venres, 13 de novembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Xuventude retoma o curso de Monitor/a de actividades de tempo libre

Dende a área de Xuventude dase aviso que se retoma o curso de Monitor/a de actividades de tempo libre que comezou en marzo, a fin de semana anterior a que decretara o estado de alarma, dirixido á mocidade maior de 18 anos e ata 35 anos.

Hai prazas libres e as inscricións están abertas dende xa e ata o 25 de novembro, na Casa da Xuventude (con cita previa), no teléfono 982 297 444; onde poderán obter máis información sobre esta actividade.

Para poder participar é obrigatorio estar en posesión de, polo menos, algún dos seguintes títulos:

  • Graduado en educación secundaria, graduado escolar ou equivalente.
  • Técnico auxiliar en formación profesional ou outro equivalente.
  • Estar censado/a, ou no seu defecto estudar ou traballar no municipio Lugo, sendo necesario presentar documento que o acredite.

Para a matrícula é necesario presentar a seguinte documentación:

  •  Fotocopia DNI
  • 2 fotografías
  • Fotocopia do graduado en educación secundaria, graduado escolar ou equivalente.
  • No caso de non estar censado/a en Lugo é necesario presentar a matrícula do centro de ensinanza ou documento que acredite estar traballando dentro do Concello de Lugo.

O curso celebrarase nas instalacións da Casa da Xuventude, dende o 28 de novembro ao 31 de xaneiro, todas as fins de semana; en xornada de 16:30 a 21:30 horas os venres, e de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 21:30 horas os sábados e domingos. Terá unha duración de 350 horas (200 lectivas + 150 de prácticas). Para acadar o título é obrigatorio asistir ao curso, podendo faltar como máximo o 20% das horas. As prácticas necesarias para recibir o título realizaranse nas actividades desenroladas ou promovidas dende o Concello de Lugo, no prazo regulamentario.

O prezo é de 51,50€.

Noticias relacionadas