Xuventude realiza unha campaña para concienciar á mocidade de seguir respectando as medidas de prevención da covid-19

Dende hoxe comezarán a instalaranse uns vinilos nas escaleiras do fondo da Praza Maior, na contorna do Círculo das Artes, punto de encontro diario dos mozos e mozas da cidade e espazo do seu lecer.

Neles figuran mensaxes alternativas, en sentido positivo e empregando un sentimento de proximidade: “Outro saúdo, o mesmo significado”, “2 metros de entendemento” e “A túa mirada pode contar moito”.

Luns, 29 de marzo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Xuventude realiza unha campaña para concienciar á mocidade de seguir respectando as medidas de prevención da covid-19

A área de Xuventude, que dirixe Ana González Abelleira, realizará unha campaña de concienciación para lembrarlle á mocidade a importancia e necesidade de respectar as medidas sanitarias para a prevención do contaxio e propagación da covid-19. Concretamente, dende este luns, comezarán a instalarse uns vinilos nas escaleiras do fondo da Praza Maior, na contorna do Círculo das Artes, punto de encontro diario dos mozos e mozas da cidade e espazo do seu lecer.

Trátase dunha campaña para incidir en seguir realizando todas as medidas de prevención da covid-19 que nos veñen indicando no último ano: uso da máscara e manter a distancia e ata saudarse co cóbado, con mensaxes alternativas, en sentido positivo e empregando un sentimento de proximidade, para o que se empregarán lemas como “Outro saúdo, o mesmo significado”, “2 metros de entendemento” e “A túa mirada pode contar moito”.

"Con estas frases reivindicamos o cumprimento das medidas sanitarias, unha tarefa que é labor de todos, tamén da xuventude, aínda que moitas e moitos mozos xa teñen claras ditas medidas de prevención e son totalmente responsables”; subliñou a edil.

Ao igual que no Nadal, a área de Xuventude lanzará un vídeo nas redes sociais animando á mocidade a actuar con responsabilidade nunha data tamén sinalada, como é a Semana Santa, na que a rapazada dispón de máis tempo libre para relacionarse en grupo. A filmación desta campaña, se sustentará tamén en apelar á responsabilidade persoal, especialmente naquelas accións individuais que cada un realiza na súa contorna máis próxima, como poden ser as amizades.

Audio

  • Ana González Abelleira, sobre a campaña para concienciar á mocidade | Descargar mp3

Vídeo

  •  Campaña para concienciar á mocidade| Ver vídeo
 

Multimedia

  • Xuventude realiza unha campaña para concienciar á mocidade de seguir respectando as medidas de prevención da covid-19
  • Xuventude realiza unha campaña para concienciar á mocidade de seguir respectando as medidas de prevención da covid-19

Noticias relacionadas