Xuventude, presenta as actividades para o Samaín 2020 con todas as garantías de seguridade

As actividades son gratuítas e en todas elas é obrigatorio o uso da mascarilla

Mércores, 21 de outubro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Xuventude, presenta as actividades para o Samaín 2020 con todas as garantías de seguridade

A concelleira de Xuventude Ana Abelleira, presentou no día de hoxe as actividades para o Samaín 2020 e convidaba hoxe á mocidade lucense a participar nas actividades organizadas polo Concello “neste atípico 2020 queremos ofrecer aos máis novos unha programación diferente de calidade e con todas as garantías de seguridade, aínda que o concepto varíe con respecto aos pasados anos, estamos seguros de que será do agrado de todos”, engadiu a edil.

As actividades incluidas no programa de Samaín 2020 organizado dende a área de Xuventude son gratuítas e en todas elas é obrigatorio o uso da mascarilla.

Programación Samaín 2020

SÁBADO 24 E XOVES 29 DE OUTUBRO

  • OBRADOIRO DE MAQUILLAXE PEEL-OF DE EFECTOS ESPECIAIS
  • Grupo de 10/sesión
  • SÁBADO 24: De 11:00 a 13:00 horas
  • XOVES 29: De 18:00 a 20:00 horas
  • Casa da Xuventude
  • Inscricións no teléfono 982 297 444
  • O número de persoas participantes poderáse modificar en función das circunstancias sanitarias

VENRES 30 E SÁBADO 31 DE OUTUBRO

  • III RASTREXO NOCTURNO "MILAGROSA ZOMBIE"
  • 21:00 horas
  • Parque da Milagrosa
  • Grupo de 5/día (grupos máximo de 3)
  • +18 anos
  • Inscricións en xuventude@lugo.gal
  • O número de persoas participantes poderáse modificar en función das circunstancias sanitarias

DOMINGO 1 DE NOVEMBRO

  • CONTACONTOS DE SAMAÍN CON CLÁN DE BREOGÁN
  • 3 pases: 17:00, 18:00 e 19:00 horas
  • Praza da Milagrosa
  • Público familiar (cativo/cativa acompañado dun adulto)
  • Inscricións en xuventude@lugo.gal
  • O número de persoas participantes poderáse modificar en función das circunstancias sanitarias

SÁBADO 31 E DOMINGO 1

  • MASTERCLASS A MOVER O ESQUELETO
  • SÁBADO 31:12:00 horas, Praza da Milagrosa
  • DOMINGO 1: 18:00 horas, Praza de Augas Férreas
  • Actividade aberta con aforo limitado
  • O número de persoas participantes poderáse modificar en función das circunstancias sanitarias

Audio

  • A concelleira de Xuventude, Ana Abelleira, sobre a programación do Samaín | Descargar mp3

Noticias relacionadas