Xuventude organiza unha andaina con motivo da conmemoración do Día Mundial da Nena e da Muller Rural

A saída é ás 10:30 horas dende os soportais da Praza Maior

Xuventude, organiza unha andaina este sábado, dentro da programación de paseos xuvenís pola sostibilidade e pola igualdade

Xoves, 15 de outubro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Xuventude organiza unha andaina con motivo da conmemoración do Día Mundial da Nena e da Muller Rural

A área de Xuventude, que dirixe Ana G. Abelleira organiza unha andaina este sábado, 17 de outubro, con motivo da conmemoración do Día da Mundial da Nena e da Muller Rural, dentro da programación de andainas xuvenís pola sostibilidade e pola igualdade.

Hai 10 prazas dispoñibles para este paseo. As inscricións poden facerse en xuventude@lugo.gal, facilitando o nome, apelidos, data de nacemento e teléfono, achegando, con caracter obrigatorio, foto ou fotocopia do DNI/NIE/PASAPORTE. As e os menores de idade irán acompañados por unha persoa adulta.

A participación en cada andaina, que é gratuíta, seguirá a seguinte orde de prioridade e por rigorosa orde de inscrición:

  • Mozos e mozas de 14 a 35 empadroados no Concello de Lugo (achegando declaración responsable de empadroamento, que o Concello poderá comprobar)
  • Mozos e mozas de 14 a 35 anos, que traballen ou estuden no municipio de Lugo (achegando copia do ontrato de traballo ou matrícula do centro educativo regrado no que estuda)
  • Mozos e mozas de 14 a 35 anos que residan en municipios limítrofes
  • E sempre e cando queden prazas vacantes, resto de poboación non superando o 10% de prazas ofertadas en cada actividade

A saída é ás 10:30 horas dende os soportais da Praza Maior.

Audio

  • A concelleira de Xuventude, Ana G. Abelleira, sobre o Día Mundial da Nena e da Muller Rural | Descargar mp3

Noticias relacionadas