Xuventude organiza un novo curso de Monitores de tempo libre

Martes, 08 de febreiro de 2011
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O prazo de inscrición, que comeza hoxe, rematará o 23 de febreiro

O curso terá unha duración de 350 horas e impartirase os fins de semana

A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentou hoxe en rolda de prensa un novo curso de formación, neste caso o de Monitores de tempo libre, que se desenvolverá durante os fins de semana.

Segundo anunciou Rosana Rielo, este curso, que se leva facendo dende o ano 2005, é un dos máis solicitados e cunha importante saída laboral. O curso de Monitores de tempo libre está dirixido a rapaces e rapazas de 18 a 35 anos, e para poder inscribirse é necesario estar en posesión do graduado en educación secundaria, graduado escolar ou similar, ou ter unha titulación en técnico auxiliar en formación profesional ou equivalente. Do mesmo xeito, será necesario estar censado en Lugo ou no seu defecto estudar ou traballar na cidade.

O curso terá unha duración de 350 horas (200 horas lectivas e 150 horas de prácticas), e desenrolarase durante os fins de semana dos meses de febreiro, marzo, abril e maio. En total ofértanse 25 prazas.

O prezo da matrícula é de 50 euros. Segundo destacou a Concelleira de Xuventude establécese un prezo simbólico para asegurar que a xente que se inscriba estea realmente interesada no curso. Ademais, salientou que “trátase duns cursos moi demandados, de alto custo e cunha enorme saída laboral”.

Para máis información, os interesados poden chamar ó teléfono 982.297.496 ou dirixirse á Oficina de Información Xuvenil en horario de mañas das 10.00 ás 14.00 horas, e de tardes das 16.30 ás 19.00 horas de luns a venres.

Multimedia

Noticias relacionadas