Xuventude oferta 250 prazas de balde, para iniciarse na disciplina deportiva da escalada

 Serán un total de 250 lucenses a oportunidade de gozar e coñecer o mundo da escalada a partir dunha actividade coñecida como "Bautismo de escalada".

As inscricións ábrense o 2 de maio ás 9.00 h e péchanse ás 19.00h do mércores previo ao fin de semana seleccionado.

Venres, 29 de abril de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Xuventude oferta 250 prazas de balde, para iniciarse na disciplina deportiva da escalada

O goberno de Lara Méndez, a través do Servizo de Prevención de Drododependencias e outras adiccións, adscrito á concellería de Xuventude que dirixe Mauricio Repetto, abre á mocidade lucense o prazo de inscrición da actividade "Bautismo de escalada".

O curso, ofertará un total de 250 prazas, e desenvolverase en seis sesións no Rocódromo de Lugo (Pazo de Feiras e Congresos), os sábados e domingos: 14, 15, 21, 22, 28 e 29 de maio e 4, 5, 18, 19, 25 e 26 de xuño, en horario de 16.00 h a 21.00 h. O edil destacou que é unha actividade pensada “para aqueles que nunca escalaron , pero senten certa inquietude por probar esta disciplina deportiva coñecer de preto as sensacións que achega este deporte e empezar dunha forma segura e baixo a supervisión de profesionais”.

A actividade dura 1 hora, é completamente gratis para os lucenses entre 14 e 40 anos. A mesma non require de ningún material especial, pois todo o necesario será entregado na propia xornada. A inscrición, debe realizarse a través da web lugomasxti.org, será por rigurosa orde e ata cubrir prazas. Terán prioridade as persoas empadroadas no Concello de Lugo.

Inscricións e fins de semana:

As inscricións ábrense o 2 de maio ás 9.00 h e péchanse ás 19.00h do mércores previo ao fin de semana seleccionado:

  • Dende o 02 de maio ata o 11 de maio para o fin de semana do 14-15 de maio.
  • Dende o 02 de maio ata o 18 de maio para o fin de semana do 21-22 de maio.
  • Dende o 02 de maio ata o 25 de maio para o fin de semana do 28-29 de maio.
  • Dende o 02 de maio ata o 01 de xuño para o fin de semana do 04-05 de xuño.
  • Dende o 02 de maio ata o 15 de xuño para o fin de semana do 18-19 de xuño.
  • Dende o 02 de maio ata o 22 de xuño para o fin de semana do 25-26 de xuño.

Máis info

Noticias relacionadas