Xuventude anuncia as actividades para conmemorar o 25N respetando as recomendacións

As inscricións realizaranse a través do enderezo xuventude@lugo.gal

Todas as actividades respetan os aforos do DOG Número 223-Bis do 4 de Novembro

Sábado, 14 de novembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Xuventude anuncia as actividades para conmemorar o 25N respetando as recomendacións

A área de Xuventude que dirixe Ana G. Abelleira informa das actividades de Xuventude para conmemorar o 25N, todas respetan os aforos do DOG Número 223-Bis do 4 de Novembro:

  • Andaina xuvenil pola igualdade, o sábado 21 de novembro, ás 10:30 horas, con saída dende os soportais da Praza Maior, coa guía turística Lidia de la Fuente. O grupo será de máximo 6 persoas (seguindo indicacións do DOG do 4 de novembro).

As inscricións realizaranse a través do enderezo xuventude@lugo.gal, facilitando o nome, apelidos, data de nacemento e teléfono, achegando, con caracter obrigatorio, foto ou fotocopia do DNI/NIE/PASAPORTE. As e os menores de idade irán acompañados por unha persoa adulta.

A participación na andaina, que é gratuíta, seguirá a seguinte orde de prioridade e por rigorosa orde de inscrición:

  • Mozos e mozas de 14 a 35 empadroados no Concello de Lugo (achegando declaración responsable de empadroamento, que o Concello poderá comprobar)
  • Mozos e mozas de 14 a 35 anos, que traballen ou estuden no municipio de Lugo (achegando copia do contrato de traballo ou matrícula do centro educativo regrado no que estuda)
  • Mozos e mozas de 14 a 35 anos que residan en municipios limítrofes
  • E sempre e cando queden prazas vacantes, resto de poboación non superando o 10% de prazas ofertadas en cada actividade

Espectáculos infantís-xuvenís co narrador oral Caxoto.

  • 20 de novembro, no exterior da Casa da Xuventude. En xornada de tarde. Micromachista eu?
  • 21 de novembro, de 12:30 a 13:30 horas, no exterior do CEI-NODUS. Contos vellos, novos finais
  • 28 de novembro, de 12:30 a 13:30 horas, na Praza de Augas Férreas. Contos vellos, novos finais
  • 5 de decembro, de 12:30 a 13:30 horas, no Parque Rosalía de Castro.  Contos vellos, novos finais

O número de prazas está estipulado para máximo de 50 (segundo DOG do 4 de novembro). A entrada é libre ata completar aforo.

Noticias relacionadas