A Xunta non descarta xa a descatalogación do edificio de Correos para avanzar na Intermodal pero esixe que se modifique o PXOM

Rexeita a vía aberta nunha reunión de carácter político en setembro de 2020 para que se tramitase pola vía interpretativa, o que permitiría axilizar en varios meses os trámites.

O edificio da Estación de Tren, que se manterá, é anterior a 1893, e o de Correos é posterior a 1977, polo que non serían obxecto da mesma protección.

O cambio da ficha do Plan Xeral, aínda que pode ir a través dunha tramitación simplificada, retrasa os avances dos proxectos das estacións en 3 ou 4 meses.

Mércores, 24 de marzo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Xunta non descarta xa a descatalogación do edificio de Correos para avanzar na Intermodal pero esixe que se modifique o PXOM

A Xunta de Galicia descartou hoxe a vía para acelerar a descatalogación do Edificio de Correos para avanzar na Estación Intermodal de Lugo que se abriu na reunión técnico política que se mantivo en setembro do ano pasado entre as administracións implicadas (Concello, ADIF e goberno autonómico), que consistía en aprobar un informe de interpretación de interese público no que quedase patente o erro da inclusión deste edificio como ben protexido no PXOM.

Tras esa reunión, o servizo de Urbanismo presentou ante Patrimonio da Xunta dito informe, onde se reflicte que o edificio de Correos, que é posterior ao ano 1977, non é merecedor da mesma protección que o edificio da estación do tren, que se mantén no proxecto da Intermodal e que é anterior a 1893 e que ten, polo tanto, máis de 130 anos. Existe unha diferencia dun século entre ambos os dous inmobles.

O informe técnico aclara, ademais, que a única referencia de catalogación da construción de Correos que recolle o PXOM é a gráfica, é dicir, o plano da localización, “todo iso sen correspondencia coa descrición tipolóxica da propia ficha do catálogo ou referencia nalgún outro documento do PXOM ou informes sectoriais do mesmo”.  Este erro xa fora re