A Xunta de Goberno nomea un novo Tribunal para os dous procesos selectivos cos que se cubrirán 12 prazas de Oficias de Policía Local

A tramitación urxente do proceso permitirá que as e os aspirantes seleccionados poidan incorporarse ao curso da AGASP que comeza o vindeiro 18 de outubro.

Luns, 27 de setembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Executivo de Lara Méndez vén de celebrar esta mañá unha Xunta de Goberno extraordinaria para nomear o Tribunal cualificador de dous procesos selectivos para o acceso en propiedade dun total de 12 prazas de Oficial de Policía Local, en quenda de promoción interna.

Dúas das prazas vacantes, que recolle a primeira das convocatorias, proceden da Oferta de Emprego Público de 2016, mentres que as restantes – e incluídas na outra convocatoria – se corresponden 1 coa OEP de 2018, 6 coa ampliación desa mesma OEP de 2018 e as outras 3 coa OEP de 2020.

A designación deste Tribunal – común aos dous procedementos – lévase a cabo logo da renuncia de parte dos e das integrantes do xurado anterior.

A área de Persoal, que dirixe a concelleira de Gobernanza Paula Alvarellos, tramitou con urxencia a súa constitución coa vontade de finalizar a selección de aspirantes para que estes e estas poidan comezar o curso selectivo da AGASP, que ten programado o seu inicio para o vindeiro 18 de outubro.

A incorporación de novos efectivos á Policía Local, até completar as prazas que contempla a Relación de Postos de Traballo do Concello de Lugo, foi un dos obxectivos definidos pola alcaldesa, Lara Méndez, ao inicio do mandato, para fornecer o Corpo de axentes e tamén dunha escala xerárquica axeitada ás necesidades do municipio en materia de seguridade cidadá.

Noticias relacionadas