A Xunta de Goberno Local aprobou unhas instruccións de boas prácticas para a xestión dos contratos e evitar supostos de cesión ilegal de traballadores

Mércores, 06 de novembro de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Voceiro do Goberno Local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, informou dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá e da que destacou a aprobación dunha guía de boas prácticas para a xestión dos contratos de servizos co fin de evitar incurrir en supostos de cesión ilegal de traballadores.

Luis Álvarez destacou que “estas instrucións elaboradas polos técnicos do servizos de contratación tratan fundamentalmente de evitar a situación de cesión ilegal de traballadores para blindar a administración é que non pasa como na Xunta que ten centos de demandas”. Ao mesmo tempo, manifestou que “esta situación no Concello de Lugo é residual xa que ao longo de varios anos só se deron tres casos pero queremos evitar que traballadores de empresas privadas pasen a formar parte do cadro de persoal indefinido do Concello sen pasar polo proceso selectivo como establece a normativa.”

O Voceiro do Goberno Local explicou que esta guía ten dous ámbitos de actuación destacados, por un lado a contratación de servizos externos para suplir a carencia de medios persoais cando se trate de facer fronte a necesidades permanentes de persoal, e por outro, a descrición con precisión nos pregos de cláusulas administrativas das prestacións a realizar que deberán encontrarse perfectamente deslindadas da actividade desenvolvida polo Concello a través do seu propio persoal.

Outra das medidas que recolle é que a empresa terá a obriga de designar a un coordinador técnico pertencente á plantilla da mesma que fará de interlocutor entre os funcionarios do Concello e os traballadores da empresa adxudicataria. Ademais, o persoal externo non poderán ter acceso a cursos de formación para empregados públicos, aparcamento e zonas de estacionamento reservadas para persoal público, medios de transporte para persoal municipal ou correo electrónico corporativo.

Reunión de Urbanismo

O Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, tamén informou de que vai manter o próximo venres unha reunión con representantes dos colexios oficiais de Arquitectos, Aparelladores, Enxeñeiros Industriais e Peritos para tratar de unificar o acceso á información en todo o relativo ás inspecións técnicas de edificios. Ademais tamén se vai a analizar conxuntamente todos os aspectos no que a interacción entre o Concello e estes Colexios Profesionais sexa mellorable á hora de tramitar calquera documentación ou para levar a cabo os trámites da área de urbanismo.

Multimedia

Noticias relacionadas