A Xunta de Goberno Local aprobou unha nova licenza de obra dunha nave no parque empresarial de As Gándaras

Xoves, 13 de decembro de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Urbanismo, Luís Álvarez, informou dos acordos adoptados na Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá e no que a maioría dos puntos son sobre tramitación urbanística ordinaria. Entre elas destaca a aprobación dunha nova licenza de obras para a construción dunha nave no polígono empresarial de As Gándaras.

Tamén se aprobou a prórroga do contrato coa empresa subministradora de emulsión bituminosa para o mantemento da rede de camiños municipais que estará vixente ata o 1 de novembro de 2013. Neste sentido tamén se aprobou a revisión do prezo nun 2,9% segundo o IPC polo que se establece un prezo unitario de 436, 12 euros IVE incluído, o prezo por tonelada de “alquitranado”.

Declaracións
Na rolda de prensa, Luís Álvarez, fixo unha valoración do Pleno do Estado do Concello no que destacou o bo informe de xestión presentado polo Goberno Municipal e que “ratifica o que viñamos dicindo ata agora, que estamos funcionando perfectamente e que facemos fronte aos traballos que nos toca desenvolver”. O Portavoz socialista manifestou que “foi unha nova ocasión perdida por parte do PP que se empeñan en desviar a atención sobre todas as actuacións que dende o Goberno levamos a cabo”.

Álvarez insistiu en que a maneira de facer un balance da situación do Concello como fixo Jaime Castiñeira o único que manifesta é “unha situación de frustración, amargura e resentimento e ben poderiamos asistir ao nacemento dun grupo de espectáculos que se poderían chamar os resentidos de Lugo”. Ante a actuación do grupo municipal popular, o Concelleiro de Urbanismo, dixo que “asistimos a unha actuación orquestrada, cunha partitura coñecida de antemán pero agardamos que que con esa dinámica de crítica destrutiva se converta nunha posición política construtiva e de busca de acordos”.

Multimedia

Noticias relacionadas