A Xunta de Goberno Local aproba unha penalidade á empresa encargada da rehabilitación da Ponte Romana por incumprimento do prazo

Mércores, 04 de decembro de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá aprobou a imposición dunha nova penalidade por valor de 18.714 euros á empresa encargada da rehabilitación da Ponte de orixe Romano polo incumprimento do prazo total de execución. Esta nova penalidade corresponde co retraso entre o 1 de maio e o 13 de setembro de 2013, data na que se recepcionou a obra segundo explicou Luis Álvarez.

Outro dos asuntos aprobados foi a desestimación do recurso de reposición interposto polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia, en contra da decisión de que para as reformas da Praza de Abastos se precise da contratación dun arquitecto. Neste sentido, Luis Álvarez, explicou que se trata dun proxecto complexo e en defensa do interese público, tal e como permite a lei, é admisible a “esixencia dunha determinada titulación profesional para acreditar a solvencia técnica”. Ademais de contar con eses requisitos de solvencia técnica, neste caso, por tratarse dun edificio emblemático do centro da cidade, tamén ten especial importancia os criterios estéticos.
Outro dos motivos é que de aceptarse ese recurso, o que se estaría facendo é primar a defensa dun título profesional en detrimento do interese público que o Concello pretende defender impoñendo un equipo multidisciplinar.

Multimedia

Noticias relacionadas