A Xunta de Goberno Local aproba as novas tarifas de taxi que entrarán en vigor o 1 de xullo de 2010

Mércores, 30 de xuño de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo aprobou esta mañá as novas tarifas de taxi que estarán en vigor a partir do 1 de xullo. Esta modificación de prezos, segundo explicou o Voceiro do equipo de Goberno, José Rábade, responde á solicitude realizada pola Asociación Provincial do Taxi de Lugo a consecuencia da modificación do tipo impositivo do IVE.

As novas tarifas establecidas son as seguintes:

Tarifa 1: (días laborables de 7 a 24 horas)
- Baixada de bandeira: 1´76 euros
- Salto de contador: 0’90 euros
- Hora de Espera: 18´42 euros.

Tarifa 2 (sábados, domingos, festivos e días laborables durante as festas de San Froilán de 7 a 24 horas)
- Baixada de Bandeira 2´31 euros
- Salto de contador: 0´94 euros
- Hora de espera: 18´42 euros

Tarifa 3: servizo nocturno de 24 a 7 horas e sábados domingos e festivos durante as festas de San Froilán e os días de Navidade e aninovo (de 0 a 24 horas)
- Baixada de Bandeira: 2´45 euros
- Salto de contador: 1´34 euros
- Hora de espera: 25´97 euros

Suplementos:
- Saídas das estacións 0´52 euros
- Maleta ou vulto 0´52 euros.

Por outra banda, a Xunta de Goberno aprobou a revisión de prezos das tarifas de consumición correspondentes á explotación do servizo de cafetería anexa ao Centro de Convivencia de Fingoi para o período comprendido entre o 4 de maio de 2010 e o 3 de maio de 2011. Actualízase o canon segundo o IPC interanual de abril 2009-abril 2010 que resultou o 1´5%, quedando en 147´77 euros.

Multimedia

Noticias relacionadas