A Xira Mulleres volve a Lugo por segundo ano consecutivo para fomentar o emprego e o emprendemento feminino

Ana Prieto presentou esta iniciativa, coa que colabora o Concello, dirixida a mulleres de entre 18 e 60 anos

A programación desenvolverase no CEI-NODUS o 10 e 11 de abril en horario de 09:30 a 14:30 horas. Ofrece ás mullers capacitación e formación para o seu desenvovlemento laboral a través de 3 etapas

As mulleres interesadas en participar poden anotarse xa a través do enderezo electrónico norman.veiga@concellodelugo.org ou ben a través do 010

Martes, 26 de marzo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
 A Xira Mulleres volve a Lugo por segundo ano consecutivo para fomentar o emprego e o emprendemento feminino

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, acompañada polo técnico de asesoramento á empresas, Norman Veiga, presentou este martes, na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, a terceira edición do proxecto Xira Mulleres, unha iniciativa que volve a celebrarse por segundo ano consecutivo en Lugo. Trátase dun taller de formación gratuíta, organizado pola Fundación Coca-Cola e Mulleres Fundación, en colaboración co Concello, dirixido a mulleres de entre 18 e 60 anos, empregadas e desempregadas, que ven no emprendemento unha alternativa ao emprego, con proxectos de emprendemento en mente relacionados con actividades económicas relacionadas a Coca-Cola e empresarias que queiran reiventar o seu negocio.
 
Tal e como avanzou Prieto, este programa para a capacitación persoal e profesional, tanto das mulleres que queiran acceder ao mercado laboral como das que desexen facer realidade o seu negocio, celebrarase os días 10 e 11 de abril, en horario de mañá, de 09:30 a 14:30 horas, no CEI-NODUS.

3 etapas

Da man de entidades especializadas no empoderamento feminino, as participantes terán a oportunidade de atopar o seu camiño a través das súas propias ideas, mediante unha dosis extra de motivación e coñecemento, e a través de tres etapas con módulos diferenciados:

  • Busca a túa ruta. Nesta primeira fase, os expertos imparten dúas sesións teóricas cara a cara (de cinco horas cada unha) para axudar aos participantes a identificar ou especificar os seus proxectos.
  • Inicia a túa viaxe. Posteriormente, este módulo compleméntase con 30 horas de formación en liña nas que se desenvolve a idea de negocio, máis concretamente. Así, os empresarios saben en detalle os nove elementos básicos que estructuran un negocio.
  • Nós acompañámolo. Finalmente, seleccionáronse os dez mellores proxectos de formación en liña para recibir servizos de incubación e tutoría. Entre eles, os tres máis innovadores reciben seis meses de asesoramento e un capital de apoio de 3.000 euros para cada proxecto gañador.

Sobre Xira Mulleres

Xira Mulleres é un dos primeiros programas desenvolvidos en Europa dentro da iniciativa global de Coca-Cola 5by20, que busca empoderar económicamente a cinco millóns de mulleres no mundo en 2020.

Nas súas dúas primeiras edicións, este programa de formación ofreceu a oportunidade a máis de 9.200 mulleres de 116 cidades e 262 cidades de España nos seus dous itinerarios de empregabilidade e emprendedores (GIRA Mujeres Weekend é unha novidade da segunda edición). No seu terceiro ano de funcionamento, ten previsto chegar a outras 4.000 mulleres e, ademais, dará sesións nas cidades portuguesas de Lisboa e Porto. O  Concello apoia esta iniciativa dentro do seu compromiso coa igualdade real entre mulleres e homes en todos os ámbitos, un tema que se traballa de maneira trasversal dende todas as áreas municipais.

Este ano a participación esténdese de 18 a 60 anos, para todas aquelas mulleres que estean interesadas nesta formación, paradas, traballadores e / ou autónomos.

Como realizar a inscrición?

As mulleres interesadas en particiar poden anotarse xa a través do enderezo electrónico norman.veiga@concellodelugo.org ou ben a través do 010.

Audio

  • A edil Ana Prieto, sobre o programa "Xira Mulleres" | Descargar mp3

Noticias relacionadas