A xestión da dor e o medo a afrontala centran a cata literaria de abril do MIHL

O gañador do último Premio de Novela Café Gijón 2015, Miguel Ángel González, será o encargado de conducir esta nova sesión, que se celebrará o vindeiro 14 de abril, ás 20:00 horas

Os interesados poden mercar xa a súa entrada por un prezo de 5 euros en www.entradaslugo.es, na Oficina Municipal de Turismo e no propio MIHL

Producciones El Brujo achega mañá mércores ao Auditorio Municipal Gustavo Freire a súa obra Teresa o el sol por dentro

Martes, 05 de abril de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Miguel Ángel González, Premio de Novela Café Gijón 2015

O gañador do último Premio de Novela Café Gijón 2015, Miguel Ángel González, será o protagonista da cuarta cata literaria do Museo Interactivo da Historia (MIHL) o xoves, 14 de abril ás 20:00 horas. Así o anunciou este martes a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, quen subliñou que se trata dun autor que cultiva distintos xéneros, como a prosa, o verso ou o guión.

“Neste primeiro semestre, intentamos que as catas engloben a escritores consolidados con autores nobres, mesturando todos os xéneros literarios”, apuntou a edil, quen avanzou que todos os interesados poden mercar a súa entrada por 5 euros na web www.entradaslugo.es, na Oficina Municipal de Turismo, de luns a sábado, de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas, e no propio MIHL, de martes a sábado, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, e os domingos, de 17:00 a 20:00 horas.

Nestas catas literarias, que teñen lugar o primeiro xoves de cada mes ata xuño, tamén haberá gastronomía lucense acompañada de viño da Ribeira Sacra. Ademais, durante todos os eventos, un grupo de música de Lugo acompañará aos asistentes. O xoves 14, as tapas correrán a cargo de la Encina, e a música, de West Side Bones.

Como en anteriores ocasións, as librerías da cidade porán á disposición dos asistentes no MIHL a bibliografía do escritor protagonista para que os asistentes poidan mercalos e asinalos polo propio autor.

Desde o seu primeiro relato baixo o título Espérame hasta que amanine el temporal; Miguel Ángel González intenta sobrevivir exercendo como contista. Recolleu diferentes recoñecementos nalgún dos certames máis prestixiosos do panorama cultural. Fóra de España, viu a súa obra premiada e editada en lugares como Porto Rico, Venezuela, Arxentina, Guatemala ou Perú. As súas obras teatrais foron representadas tanto en salas españolas como estranxeiras. Todos los miedos é a súa última obra, a gañadora dos premios Café Gijón, que afonda na xestión da dor e o medo a afrontala.

Para as vindeiras catas, o MIHL espera en maio a Manuel Francisco Reina, autor de Los amores oscursos, a novela que recrea o amor entre Lorca e Juan Ramírez de Lucas, e en xuño a Álex Alonso, gañador dos premios Ánxel Fole do Concello da pasada edición.

Representación teatral Teresa o el sol por dentro

Producciones El Brujo achega mañá mércores, tras ser aprazado por motivos de saúde de Rafael Álvarez, El Brujo, ao Auditorio Municipal Gustavo Freire a súa obra Teresa o el sol por dentro, dentro do programa da XVI Mostra de Teatro Clásico organizado polo Concello. Trátase dun espectáculo baseado nun recital sobre as notas sostidas dun só instrumento, un violín.

Carmen Basadre convidou aos lucenses a gozar deste espectáculo de poemas que inclúe un toque de humor. Os interesados a asistir a esta representación poden adquirir a súa entrada na páxina web www.entradaslugo.es, na Oficina Municipal de Turismo e no propio auditorio unha hora antes do comezo da representación. Todos os que tiñan a entrada para a función aprazada poden asistir coa mesma, xa que é válida.

Audio

  • Carmen Basadre, sobre a nova entrega das catas literarias do MIHL| Descargar mp3

Noticias relacionadas