Xa se poden solicitar as axudas a locais de negocio para instalación de terrazas, rótulos e mellora de fachadas que convoca o plan Urban

Xoves, 25 de abril de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo convoca unha nova liña de axudas a locais de negocio para a instalación de terrazas, rótulos e mellora de fachadas de empresas situadas no Casco histórico que concede o Plan Urban, co cofinanciamento do 80% da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

O Concello adica a estas achegas un presuposto total de 70.000 euros.
Para a instalación de mobiliario de terrazas o importe máximo da axuda será de 15.000 euros. Para rótulos e toldos de fachadas, a axuda másima será de 4.000 eruos e para a mellora de fachadas establécese un límite de 300 euros por metro cadrado e de 120 euros/metro cadrado cando se trate de patios de fachada principal, incluído peche.

Estas axudas pódense solicitar ata o día 21 de xuño e sempre antes do inicio das obras obxecto da solicitude.

As achegas serán do 50% total de gastos a fondo perdido no caso de microempresas e pequenas empresas e do 40% no caso de medianas empresas, cun máximo de 15.000 euros por empresa beneficiaria e ano.

As bases, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia onte, tamén establecen que non serán subvencionables as mesas e cadeiras para espazos de terrazas xa autorizados con anterioridade a 2013 ao mesmo titular.

www.lugo.es/urban

 

Noticias relacionadas