Xa se poden inscribir no X Torneo de Semana Santa de Xadrez que se celebra o próximo domingo

Martes, 12 de marzo de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Educación, a Concellería de Deportes, a Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, a Asociación Cultural Xaquedrum, a Escola Luguesa de Xadrez en colaboración con Confecciones Yute, Casa Paco, Sogama, El Progreso e Telelugo, organizan o X Torneo de Semana Santa de Xadrez 2013.

A Campionato terá lugar no Centro Lug 2 este domingo 17 de marzo de 16.00 a 20:00 horas. Os interesados en participar no torneo deberán realizar a inscrición, entregando o formulario ó monitor do colexio ou escribindo un email a torneosxaquedrum@yahoo.es . O listado de participantes aparecerá na páxina da asociación www.xaquedrum.es a través de listas actualizadas periodicamente segundo se reciban as inscricións.

Os participantes teñen que estar federados nalgún equipo, se non está federado, a Escola Luguesa de Xadrez federarao gratuitamente no seu clube. O torneo será totalmente de balde. A inscrición poderase realizar ata o 16 de marzo ás 16 horas.

Neste torneo haberá seis categorías:
• Menores de 8 anos.
• Menores de 10 anos.
• Menores de 12 anos.
• Menores de 14 anos.
• Menores de 18 anos.
• Categoría de familiares.

Noticias relacionadas