Xa están á venda as primeiras entradas para As Noites de Caudal na web do festival

En total haberá 12 actuacións en dous escenarios situados na Praza de Augas Férreas e o recinto do Auditorio Gustavo Freire, cun aforo máximo de 800 persoas

Izal, Amaral, M-Clan e Dorian son os cabezas de cartel desta terceira edición do evento, que completan Martita de Graná, Ana Guerra, Hard GZ, Maialen, Baiuca, Ortiga, e os lucenses Holywater e David Prado

Os prezos dos tíckets van dende os 14 aos 35 euros, máis gastos de xestión. Para cada actuación permitirase seleccionar asentos que serán unipersoais e intransferibles

Luns, 10 de agosto de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Xa están á venda as primeiras entradas para As Noites de Caudal na web do festival

As primeiras entradas para As Noites de Caudal Fest, o ciclo de concertos seguros e de aforo reducido que se celebrará en Lugo do 3 ao 20 de setembro co apoio do Concello, poderán adquirirse a partir de hoxe, na páxina web do festival (www.caudalfest.es). Os prezos dos tíckets, van dende os 14 aos 35 euros, máis gastos de xestión. Para cada actuación permitirase seleccionar asentos que serán unipersoais e intransferibles. Como novidade, haberá actuacións gratuítas e humorísticas.

Izal, M-Clan, Amaral e Dorian serán os cabezas de cartel da terceira edición do festival urbano por excelencia de Lugo, que este ano reinvéntase para cumprir cos protocolos satinatarios. Ana Guerra, Hard GZ, Maialen, Baiuca, Ortiga, Holywater e David Prado completan o cartel, que contará, ademais, co humor da monologuista Martita de Graná.

En total, serán 12 actuacións de artistas nacionais e galegos que contarán cun aforo máximo de 800 persoas, distribuidas en formato teatro con sillas, e cun espazo de 3 metros cadrados por persoa garantizando a distancia mínima de 1,5 metros entre cada asistente. Os escenarios estarán ubicados en dúas localizacións da cidade: a Praza de Augas Férreas e o recinto do Auditorio Municipal Gustavo Freire. O acceso do público realizarase por fases, controlando a temperatura dos asistentes no momento que realicen a cola e os asentos serán asignados previamente

Programación

Praza de Augas Férreas

  • Xoves 3 de setembro - Hard GZ
  • Venres 4 de setembro - Dorian
  • Sábado 5 de setembro - Ana Guerra
  • Domingo 6 de setembro - Holywater

Recinto do Auditorio Gustavo Freire

  • Xoves 10 de setembro - David Prado
  • Venres 11 de setembro - Izal
  • Sábado 12 de setembro - Chica Sobresalto (Maialen)
  • Domingo 13 de setembro - Ortiga

Recinto do Auditorio Gustavo Freire

  • Xoves 17 de setembro - Martita de Graná
  • Venres 18 de setembro - M-Clan
  • Sábado 19 de setembro - Amaral
  • Domingo 20 de setembro - Baiuca

Medidas de seguridade

As Noites de Caudal Fest contarán con estritas medidas de seguridade e prevención fronte á COVID-19 entre as que se atopan as seguintes: uso obrigatorio de mascarilla; entradas nominativas; circulación organizada e sinalizada en todo o recinto; carrís separados de acceso e saída; control da distancia de seguridade; tickets e control dixital (sen contacto); puntos de desinfección de mans; amplos espazos para garantir distanciamento social; asistentes para a organización do público; desinfección continua de barras, baños e zonas de traballadores e público; e acceso con 1h30m de antelación.

Multimedia

  • Xa están á venda as primeiras entradas para As Noites de Caudal na web do festival

Noticias relacionadas