Xa está colocada a lona que simula a nova fachada do Vello Cárcere e que a cubrirá mentres duren as obras

Luns, 24 de febreiro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

As obras da segunda fase de rehabilitación do Vello Cárcere afectan á fachada principal do edificio polo que o Concello de Lugo decidiu instalar unha lona que simula a imaxe da fachada unha vez rematen as obras e que xa se pode ver dende hoxe.

Desta maneira, a nova instalación, cubrirá a zona mentres duren as obras de rehabilitación da parte dianteira do Vello Cárcere, co que se consegue unha imaxe máis armoniosa nunha zona tan próxima á Muralla Romana. Esta acción está financiada co Plan Urban, que conta co 80% de cofinanciamento da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Multimedia

Noticias relacionadas