Martes, 21 de abril de 2015
Fonte:
Gabinete de Prensa
A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, anuncia que xa está aberto o prazo para solicitar unhas das 15 prazas do curso de Monitor de Comedor Escolar enmarcado dentro do programa +XTI formación.
O curso impartirase os sábados de 10 a 14 horas entre o 9 de maio e o 20 de xuño cunha duración total de 41 horas das que 10 serán online e 3 de manipulación de alimentos.
Este tipo de curso está orientado a mozos e mozas de entre 18 e 35 anos de idade e deberán inscribirse antes do 6 de maio na Casa da Xuventude.