Volve o II Medio Maratón Cidade de Lugo, cun percorrido máis atractivo para consolidarse no calendario atlético galego

Miguel Fernández e José María Vilabrille anunciaron a celebración desta proba, que terá lugar o domingo 13 de maio, con saída dende a rúa Anxo López Pérez

Conta cunha presenza visual casi permanente da Muralla, pasando polo punto de confluencia dos tres Patrimonios da Humanidade cos que conta Lugo, a Praza de Pío XII. Este ano achégase tamén á Avenida da Coruña e ao barrio da Milagrosa

Todas as persoas interesadas poden inscribirse xa a través da web http://mmcidadelugo.com, ata o día 9 de maio, incrementándose o prezo a medida que se achega a data da carreira

Mércores, 07 de marzo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Volve o II Medio Maratón Cidade de Lugo, cun percorrido máis atractivo para consolidarse no calendario atlético galego

O Voceiro Municipal, Miguel Fernández, e o xefe comercial do xornal El Progreso, José María Vilabrille, presentaron este mércores, na sala de usos múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, o II Medio Maratón Cidade de Lugo, unha proba que con ánimo de crecer trazou nesta segunda edición un percorrido máis atractivo, desexallo por atletas. Celebrarase o domingo, 13 de maio, a partir das 10:00 horas. No acto tamén estivo presente un representante da dirección de carreira de Championchip Norte, Javier Romay.

Concello e El Progreso organizan por segundo ano consecutivo esta proba, que o pasado ano reuniu a máis de 700 deportistas e que nesta nova edición aspira a concentrar a un milleiro de atletas.

No acto, Miguel Fernández agradeceu a colaboración ao diario de El Progreso para poder celebrar esta proba, así como á area municipal de deportes e ao gabinete de tráfico da Policía Local de Lugo, por sacar adiante as esixencias deportivas dunha proba deste tipo, que debe contar cun circuíto 21 quilómetros, e de seguidade.

O edil enxalzou o atractivo do trazado da carreira desta nova edición, que incorpora este ano a Avenida da Coruña e o barrio da Milagrosa, "e que trata, á marxe do aspecto deportivo, visibilizar o rico patrimonio de Lugo, cunha presenza visual casi permanente da Muralla, pasando polo punto de confluencia dos tres Patrimonios da Humanidade cos que conta Lugo, a Praza de Pío XII". Ademais, colma distintas espectativas dos e das deportistas, pois incopora aportacións deles.

Pola súa banda, Vilabrille reiterou o agradecemento ao Concello por facer posible este circuíto e convidou aos deportistas a isncribirse nesta proba que busca asentarse no calendario atlético galego.

Ademais haberá actividades paralelas a este medio maratón, coa presenza de Abel Antón e Fermín Cacho, que exercerán de padriños desta proba deportiva.

Inscricións

Todas as persoas interesadas poden inscribirse xa a través da web http://mmcidadelugo.com ata o día 9 de maio, incrementándose o prezo a medida que se achega a data da carreira, ata completar a cifra máxima de 1.500 atletas, límite posto pola organización para este tipo de probas. Existen categorías dende os 18 anos a máis de 65 anos, tanto masculina como feminina.

Percorrido

O percorrido do medio maratón consta de 3 voltas polos mesmos emprazamentos. Terá como punto de partida, ás 10:00 horas, a rúa Anxo López Pérez para continuar pola Praza da Constitución, Ronda da Muralla (no sentido do tráfico), Avenida da Coruña sentido norte, xiro á esquerda cara a rúa Mallorca, rúa Milagrosa, Xulia Minguillón para retomar á Avenida da Coruña sentido sur, Ronda da Muralla, xiro á esquerda e entrada pola Porta de Santiago, rúa Bo Xesús, Praza de Santa María, fondo da Praza Maior, porta de Bispo Aguirre, rúa Vilalba, xiro á dereita por Rodríguez Mourelo, Praza de Avilés, García Portela, rúa Vila de Foz, xiro de 180º, rúa Vila de Foz, García Portela, Praza de Avilés, Rodríguez Mourelo, xiro á dereita cara á rúa Ramón Ferreiro, volta e xiro 180º, rotonda Fonte do Rei e Ramón Ferreiro. A recta de meta é na Praza Horta do Seminario (97 metros).

Máis información en http://mmcidadelugo.com.

Multimedia

  • Volve o II Medio Maratón Cidade de Lugo, cun percorrido máis atractivo para consolidarse no calendario atlético galego

Noticias relacionadas