Volta a Lugo o Ciclo Galego de Teatro Amador

As 4 representacións desta edición terán lugar entre marzo e maio

As entradas terán un custo de 3€ e retiraranse no auditorio o día de cada representación ou no portal entradaslugo.es

Xoves, 05 de marzo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Volta a Lugo o Ciclo Galego de Teatro Amador

A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou xunto con Tareixa Campo e Antonio Sampaio, de Achádego Teatro, as actividades teatrais que se levarán a cabo en Lugo dentro do Ciclo Galego de Teatro Amador, organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado en colaboración coa Consellería de Cultura, e na que colabora o Concello de Lugo.

As actividades consistirán en catro representacións teatrais para todos os públicos, representadas por catro compañías diferentes de todo o país, que se levarán a cabo durante os meses de marzo, abril e maio no auditorio municipal Gustavo Freire. As entradas terán un custo de 3€ e retiraranse no auditorio o día de cada representación.

As representacións serán:

  • 7 de marzo, 20h: Un cabaret do máis normal, por Teatro Antas de Ulla. Para todos os públicos
  • 18 de abril, 20h: Os líos do taxista, por Max Teatro. Para todos os públicos
  • 23 de maio, 20h: Chicago killers, por Atrezo Teatro. Para todos os públicos.
  • 31 de maio, 20h: A túa ternura molotov, por Axóuxere Teatro. Para maiores de 14 anos

Audio

  • A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre o Ciclo Galego de Teatro Amador | Descargar mp3

Multimedia

  • Volta a Lugo o Ciclo Galego de Teatro Amador

Noticias relacionadas