A visibilidade das mulleres centra o novo número da revista Foeminas

Luns, 05 de maio de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A revista Foeminas chega cun novo número onde a visibilidade das mulleres será a súa prioridade. Por isto e para saber máis do seu pasado reciente e celebrando un novo aniversario da II República publican no apartado de Historia de Mulleres a terceira e derradeira parte da vida de Matilde Landa.

En función da historia, da linguaxe e da igualdade presentan en portada o artículo de Cristina Corral Soilán titulado: La Coeducación. Pinceladas Lingüísticas sobre el uso del genérico. Tamén en Portada expoñen a segunda e última parte da entrevista a Lola García Romanelli denominada Logaro, una vida entre telas.

Na reflexión de todos os meses da revista, está dedicada, nesta ocasión, a recordar o Día Internacional da Terra.

No apartado de Mullerciclopedia reséñase a obra Abellas de ouro de Xosé Lesta Meis, unha peza literaria escrita por un home pero que está íntegramente dedicada a homenaxear á condición feminina.

Na Galería de Arte expónse a obra e a traxectoria da gran pintora e escritora galega Mercedes Ruibal.

Por último, en Contemporáne@ homenaxean póstumamente, á artista performer italiana Pippa Bacca recentemente violada e asasinada en Turquía mentras realizaba unha acción artística basada na non violencia a na paz entre os seres humanos.

Ademais, Foeminas continúa cargando de novos contidos as súas tradicionais seccións como: Noticias, Viaxeiras, Mullerecetario y Foeminas panóramica.

Noticias relacionadas